Demo
  • MITCFC

Prazo de inscrición para o obradoiro impartido por Teatro en Vilo

O luns 20 de maio, ás 10 horas da mañá, ábrese o prazo de inscripción para asistir ao obradoiro 'A dramaturxia actoral e os procesos de creación colectiva', que se levará a cabo entre os días 3 e 5 de xullo, ambos incluídos, na Casa de Cultura de Cangas. Esta actividade, que se desenvolverá en horario de 10 a 15 horas, será impartido por Noemi Rodríguez e Andrea Jiménez, directoras e fundadoras de Teatro en Vilo, compañía internacional de teatro afincada en Madrid, fundada en Londres en 2012. O prazo remata o luns 24 de xuño.

Seguir lendo

A Mostra e o Singlot avanzan na súa irmandade coa estrea conxunta de ‘La Gran Ofensa’

O ano pasado, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e o Singlot Festival de Sant Feliu de Guíxols (Girona) uníronse en favor da defensa do humor e a liberdade creativa. Os festivais asinaron un manifesto conxunto para resaltar a importancia do humor como ferramenta capaz de “cruzar obstáculos e fronteiras, romper moldes e unir persoas, países e culturas”.

Seguir lendo

Cinco estreas absolutas e 5 en Galicia

O 28 de xuño arranca a XXXVI edición da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Un ano máis a vila do Morrazo convértese nun referente español do teatro de humor, ao que leva consagradas xa 36 edicións do festival. Ao longo de nove días, os amantes do teatro terán a oportunidade de ver máis dunha vintena de espectáculos teatrais, que serán representados no Auditorio de Cangas ou na rúa, en diferentes espazos do concello morracense.

Seguir lendo

'Os Monicreques de Kukas' e Sés, premios 2019

Dous son os premios que a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) entrega en cada ano. Nesta 36 edición, o Premio Xiria ao Labor Teatral será entregado á compañía ‘Os Monicreques de Kukas’. A directiva destaca o “seu intenso labor artístico e teatral que, ao longo de 40 anos, abriu anovadores camiños tanto coa creación de inusitadas marionetas e monicreques como coa importante difusión , en lingua galega, dese particular universo que supuxo unha auténtica revelación para nenas, nenos e público adulto deste país”. A MITCFC considera que este premio é sobradamente merecido porque actualmente “son un indiscutible referente”.

Seguir lendo

O artista gráfico Luís Dávila, creador do cartel da 36 edición

O venres 28 de xuño arranca a 36 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC). Ata o 6 de xullo, o Auditorio Municipal, praias, rúas, prazas, a Capela do Hospital e outros espazos alternativos acollerán espectáculos das artes escénicas que, un ano máis, farán as delicias de todo tipo de público: infantil, xuvenil, familiar,...

O cartel da XXXVI MITCFC é obra do deseñador gráfico, ilustrador e viñetista Luís Davila.  Deste xeito, a Mostra prosegue a liña iniciada hai xa varios anos de encargar o cartel das diferentes edicións a persoas de recoñecido prestixio no ámbito das artes plásticas ou da pintura.

Seguir lendo