Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

 

  • MITCFC
  • Novas
  • 'Caída libre' gaña o Torneo de Dramaturxia

'Caída libre' gaña o Torneo de Dramaturxia

A Sala Salasón de Cangas foi acolleu o martes pola noite a segunda edición do Torneo de Dramaturxia de Galicia, para dar a coñecer a nosa dramaturxia, creando un nexo directo entre  autoras/es e público. Este proxecto, pioneiro en Galicia, conta coa imprescindible colaboración de DramaturGA, a primeira asociación profesional da dramaturxia galega. Na edición deste ano, participaron catro dramaturgos. Cada unha das pezas de todos eles foi interpretada por dous actores diferentes. Ata o último momento, nin os actores sabían o texto que lles ía tocar dramatizar, nin os escritores sabían quenes interpretarían o seu escrito. 

O texto gañador titúlase CAÍDA LIBRE, do dramaturgo Jose Prieto. Os actrices Noelia Blanco e Machi Salgado foron os encargados de poñerlle voz á letra. Os outros textos que participaron no torneo deste ano son CON FABULACIÓN de Clara Gayo, coa dramatización de Nuria Montero e Josi Lage; MAGNITUDE de Ernesto Is, interpretado por Lois Soaxe e Suso Pando; e QUEIXO EXPLOSIVO, da dramaturga Paula Carballeira, coa inerpretación polos actores Fran Paredes e Nerea Portela.