Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

 

  • MITCFC
  • Novas
  • 'Rojo', o grande espectáculo de Mireia Miracle

'Rojo', o grande espectáculo de Mireia Miracle

A compañía de Mireia Miracle pesentou nas rúas de Cangas o seu espectáculo 'Rojo', baseada na historia dun dun clown. Unha viaxe cara os límites, o que nos impón e o que nós mesmos nos xeramos.  ROJO é un diálogo cun muro, unha danza cos confíns, un soño que está máis alá, é algo que deixar atrás para poder avanzar.  Un espectáculo de teatro xestual, clown para todos os públicos. 

'Rojo' congregou a un público completamente entregados no Parque da Palma. Cativos e maiores gozaron dun espectáculo cheo de vistosidade, ritmo e de gran profesionalidade. Mireia Miracle está formada en teatro xestual (pedagoxía Jacques Lecoq) e en danza contemporánea. En 2010 funda a compañia Semilla Teatro.