Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

 

  • danza 0017 Escanear-
  • danza 0016 Escanear-
  • danza 0015 Escanear-
  • danza 0014 Escanear-
  • danza 0013 Escanear-
  • danza 0012 Escanear-
  • danza 0011 Escanear-
  • danza 0010 Escanear-6b
  • danza 0009 Escanear-6c
  • danza 0008 Escanear-
  • danza 0007 Escanear-7b
  • danza 0006 Escanear-
  • danza 0005 Escanear-8b
  • danza 0004 Escanear-
  • danza 0003 Escanear-
  • danza 0002 Escanear-
  • danza 0001 Escanear-
  • danza 0000 Escanear-

Ernesto Chao, sempre nas nosas memorias

A Historia do Teatro e Audiovisual deste país non se pode escribir sen o nome de Ernesto Chao quen, ademais de actor, produtor e gañador de múltiples premios, foi o primeiro presidente da Academia Galega do Audiovisual (AGA), presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, impulsor e presidente de Escena Galega, director do Centro Dramático Galego (CDG) e un incombustible combatente a prol da nosa cultura, normalización da lingua e profesionalización do noso teatro e audivisual.

Co teatro no sangue, dende Artello a Lagarta Lagarta, fundada co seu outro gran amor, a actriz Rosa Álvarez, Ernesto pisou o escenario até hai só unhas semanas. Actor todoterreo que soubo desprenderse do seu entrañable e divertido Miro Pereira en Pratos Combiados para rompernos o corazón coa creación do personaxe de Ramón Sampedro na longametraxe Condenado a vivir.

Botaremos en falta o actor e o seu bo facer pero, moito, á persoa co seu gran sentido do humor, retranca e infatigable optimismo.

Á organización da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas hoxe cóstanos rir pero sentimos, nas nosas calugas, o sopro da súa inconfundible voz arrincándonos un derradeiro sorriso.

Sempre nas nosas memorias, amigo.

Cangas, 6 de agosto de 2018.