Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

 

  • danza 0017 Escanear-
  • danza 0016 Escanear-
  • danza 0015 Escanear-
  • danza 0014 Escanear-
  • danza 0013 Escanear-
  • danza 0012 Escanear-
  • danza 0011 Escanear-
  • danza 0010 Escanear-6b
  • danza 0009 Escanear-6c
  • danza 0008 Escanear-
  • danza 0007 Escanear-7b
  • danza 0006 Escanear-
  • danza 0005 Escanear-8b
  • danza 0004 Escanear-
  • danza 0003 Escanear-
  • danza 0002 Escanear-
  • danza 0001 Escanear-
  • danza 0000 Escanear-

Premio da Crítica de Galicia á MITCFC

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas celebra o Premio da Crítica de Galicia 2018 recibido o sábado 3 de novembro.

Un premio que lle recoñece:

1.- O labor de promoción das artes escénicas e a defensa do HUMOR, por medio dunha programación de calidade e na procura de novos públicos e espazos.

2.- A mirada comprometida, desde o seu inicio, a prol da igualdade e que se materializou no ano 2000 coa creación de Mulleres en Acción, un proxecto que, ao entender do xurado, devolve á sociedade unha concepción paritaria das Artes Escénicas.  

O noso agradecemento sincero ao xurado e á Fundación Premios da Crítica de Galicia porque con este premio non só se nos prestixia senón que nos invita a defender con máis forza o tan necesario Humor, hoxe tristemente perseguido e xudicializado.

Grazas, tamén, ás entidades públicas e privadas que, ao longo destes anos, veñen apoioando á MITCFC: Concello de Cangas, A.C. Xiria, AGADIC, Deputación de Pontevedra, Teatro de Ningures, Frigoríficos do Morrazo, a pequena e mediana empresa, a hostalería, o comercio local e a todas aquelas persoas que desenvolveron un labor nesta Mostra, desde as que a fundaron ata as que traballan ou colaboran hoxe con ela: equipos creativo, técnico, de comunicación, comercial, compañías, actrices, actores, asociacións, escolas, dramaturgas/os, voluntariado e, por suposto, a todas aquelas mulleres que fixeron posible que a MITCFC sexa hoxe un referente estatal en materia de igualdade.

Este esforzo compartido ten como resultado un patrimonio cultural e económico incuestionable, do que se beneficia non só este Concello e a súa cidadanía senón toda Galicia.

Desexamos que este importante recoñecemento serva para que tanto as institucións e empresas implicadas como as que aínda non o están, apoien decididamente este proxecto para poder desenvolver máis e mellor o patrimonio xerado e acadar cotas máis ambiciosas cultural e teatralmente.

Compartimos este premio co público da MITCFC, un público de todas as idades que é o noso principal soporte.