Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

 

  • MITCFC
  • Novas
  • Queres participar no Revoltallo en Pedra este ano?

Queres participar no Revoltallo en Pedra este ano?

O Revoltallo en Pedra é unha das actividades máis arraigadas na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Cada ano, o festival adica unha xornada específica a mostrar ao público propostas creativas vinculadas ás artes da representación. Dentro da XXXVI edición, o Revoltallo en Pedra celebrarase o 1 de xullo, en horario de 12 a 14 horas e de 18 a 22 horas. 

Este ano, a convocatoria está aberta á participación de individuos e colectivos, profesionais e non profesionais, que queiran presentar propostas de danza, música, performance, circo, clown e teatro. Tamén poderán presentarse instalacións. O obxectivo é recuperar as rúas do casco vello de Cangas e outros espazos alternativos para as artes escénicas. Os espectáculos poderán ser representados en instalacións para espazos abertos ou en interior.

Os espectáculos terán unha duración máxima de 20 minutos e terán a posibilidade de repetirse en diferente horario. Poderase utilizar calquera espazo que os grupos consideren sempre e cando cumplan as condicións mínimas para realizar o espectáculo.

A organización da Mostra colocará a infraestructura necesaria nun máximo de espazos que consensuará cos grupos solicitantes e tendo en conta as solicitudes realizadas. De todas as propostas presentadas, serán seleccionadas un máximo de 10, que recibirán unha axuda para gastos de 50€. As propostas non seleccionadas terán a posibilidade de participar (en función da disponibilidade de espazos e horas), pero sen recibir ningunha axuda económica.

A Mostra establece un premio de 300€  que será outorgado á mellor proposta presentada e será concedido por un xurado nomeado a tal fin.

Inscripcións

Os/as interesados/as deberán cubrir a ficha de inscripción anexa a estas bases, donde figuran todos os datos do colectivo así como unha descripción do espectáculo e as necesidades técnicas, que deberán entregar no Auditorio Municipal de Cangas, ubicado na avenida de Lugo 27, 36940 Cangas, ou enviar por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do vindeiro 20 de marzo de 2019.