• Inicio

'Lullaby': A revolución portuguesa do universo clown

  • Clara Castilla

 Unha vez máis, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas trae os espectáculo máis vangardistas do panorama artístico mundial. Lullaby é un espectáculo dinámico, que conta coa participación directa do público. Unha revolución dentro do universo do clown en Portugal. Unha performance cómica e provocadora que abre o xogo entre un pallaso transgresor e o espectador. Nesta aventura, partimos todos na procura do riso, da complicidade e da emoción, embarcando nun ambiente poético, alimentado pola música en vivo, rumbo a un mundo de xogo.

Rui Paixão formouse en teatro na Academia Contemporánea do Espectáculo de Porto, rematando o curso en 2014. Despois dun ano de experiencia profesional, desenvolve un traballo de investigación e exploración do clown contemporáneo. Aos vinte anos foi considerado artista revelación nas artes de  rúa no IMAGINARIUS de Santa María da Feira, Portugal e gañou o premio OFF CIRCADA en Sevilla como artista emerxente do circo contemporáneo. Participou nun dos maiores festivais do mundo, Fringe Festival de Edimburgo e, máis recentemente foi elixido polo Cirque du Soleil para novas creacións.

 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.