Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

 

XXXII MITCFC

Entre o 3 e o 11 de Xullo de 2015 celébrase a XXXII edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.

O TEATRO volve invadir Cangas. Os espazos cotiás mudarán en excéntricos escenarios e os artistas, coas súas  propostas, van estimular a nosa imaxinación. Músicos, pallasas, malabaristas, acróbatas e bailaríns acamparán en rúas e parroquias para sorprender os nosos días e rompendo, incluso, as leis de toda lóxica, verémolos tocar instrumentos e danzar sobre o mesmo mar.

De noite compartirán escenario autores clásicos e contemporáneos, actrices, actores e clowns, a danza e o musical, o teatro de sombras e o xestual … Todo será posible nesta festa teatral.  Así, con humor, arte e oficio, a XXXII MITCF vai comezar.

Máis de trinta actividades en total, que este ano estarán anunciados polo cartel de J. de la Rosa de Milicia Gráfica.