Lembrando a María Mazás
Cúmprese un ano do seu pasamento, pero a súa obra semella estar máis viva ca nunca. María Mazás foi unha artista polifacética que, coma di un dos seus grandes amigos, naceu para facer cousas marabillosas. Retrados, sombreiros, mosaicos, esculturas,... Convertía en arte o que tocaba cunha sinxeleza a naturalidade extraordinaria. Co gallo da XXXV Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, estivo exposta unha parte importante da súa obra. Ao longo de máis dun mes, foron moitas as persoas que visitaron o Auditorio de Cangas para ver os seus traballos. Algús achegábanse por primera vez á María Mazás artista. Outros, coñecían algunhas pezas pero ninguén tivera a oportunidade de ver nun mesmo espazo unha recopilación dos seus traballos. Unha mostra do seu talento.