Prazo de inscrición para o obradoiro impartido por Teatro en Vilo
O luns 20 de maio, ás 10 horas da mañá, ábrese o prazo de inscripción para asistir ao obradoiro 'A dramaturxia actoral e os procesos de creación colectiva', que se levará a cabo entre os días 3 e 5 de xullo, ambos incluídos, na Casa de Cultura de Cangas. Esta actividade, que se desenvolverá en horario de 10 a 15 horas, será impartido por Noemi Rodríguez e Andrea Jiménez, directoras e fundadoras de Teatro en Vilo, compañía internacional de teatro afincada en Madrid, fundada en Londres en 2012. O prazo remata o luns 24 de xuño.