Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

 

'Las Cervantas', pre-estrea mundial na inauguración da XXIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Os abonos para asisitir os espectáculos sairán á venda dende o 6 de xuño

Entre o 1 e o 9 de xullo, Cangas volverá ser escenario do mellor teatro cómico e festivo do país. Serán 9 días nos que a vila morracense acollerá os mellores espectáculos teatrais do panorama nacional e internacional. A 33 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas vai apostar pola programación de rúa, triplicando o número de espectáculos que se celebrarán en espazos abertos.

A Asociación de actrices e actores, Escena Galega, a Academia Galega do Audiovisual e a Mostra de Teatro de Cangas impulsan un estudo sobre a brecha laboral entre homes e mulleres no sector audiovisual e nas artes escénicas

A Asociación de actrices e actores de Galicia, Escena Galega, a Academia Galega do Audiovisual e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas reuníronse coa responsable da Secretaría Xeral da Igualdade, Susana López Abella, para propoñerlle a elaboración dun estudo sociolóxico e con perspectiva de xénero sobre a brecha laboral que sofren as mulleres no sector das artes escénicas e do audiovisual.

"La flauta mágica" Premio do público XXXII MITCFC

A comisión organizadora da XXXII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, unha vez realizado o reconto dos votos outorgados polo público asistinte ás representacións celebradas na 32 edición, entre os días 3 e 11 de xullo no Auditorio Municipal, comunica que o PREMIO DO PÚBLICO 2015 recaeu no espectáculo LA FLAUTA MÁGICA da Compañía Dei Furbi.