Demo

Carpe diem

  • Compañía: Producións Teatráis Excéntricas
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Quico Cadaval
  • Autoría: Rubem Fonseca
  • Destinado a: Público adulto
  • Presentación: 2019
  • Duración: 80'

O equipo artístico deste espectáculo celebrará un coloquio co público o martes 2 de xullo ás 12.30h na Capela do Hospital

A Compañía

Excéntricas orienta os seus traballos ao territorio da comedia e da farsa. Sirve de plataforma para as creacións de Mofa & Befa ou Quico Cadaval. Tamén explora outras formas do humor máis sarcástico de autores internacionais como Shakespeare, Martin Mc Donagh ou Topor. 2019 é o noso 15º aniversario.

Sinopse

Unha muller e un home coñecense nunha festa de fin de ano e comezan unha relación ilícita. A súa rotina consiste en cinema de barrio e motel barato. No palco aparecerán o autor, manipulando as suas pequenas criaturas, os dous amantes, e un músico, ennobrecendo con aveludadas melodías o affaire.

Ficha artística

  • Elenco: María Costas, Marcos Viéitez, Víctor Mosqueira e Mon Orencio
  • Espazo escénico e deseño gráfico: Ana Seoane
  • Vestiario: Uxía Vaello
  • Dirección Musical: Mon Orencio
  • Iluminación: Octavio MAs
  • Montaxe e documentación cinematográfica: MArcos PTT Carballido
  • Produción: Rubén G. Pedrero
  • Dramaturxia e dirección: Quico Cadaval