Demo

Vacas, guerras, porcos e cregos

  • Compañía: Producións Teatráis Excéntricas
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Quico Cadaval
  • Autoría: Quico Cadaval
  • Destinado a: Público adulto
  • Presentación: 2019
  • Duración: 80'

A Compañía

Excéntricas orienta os seus traballos ao territorio da comedia e da farsa. Sirve de plataforma para as creacións de Mofa & Befa ou Quico Cadaval. Tamén explora outras formas do humor máis sarcástico de autores internacionais como Shakespeare, Martin Mc Donagh ou Topor. 2019 é o noso 15º aniversario.

Sinopse

Cadaval conta a historia dun antepasado, Xuán o Fino, un home bo coa familia, pacífico e bo viciño. Unha personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade. Mais observando o entorno do patriarca, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes menos virtuosos.

Ficha artística

  • Elenco: Quico Cadaval
  • Deseño Gráfico: Javier de la Rosa
  • Iluminación: Pepe Quintela
  • Produción: Rubén G. Pedrero