Demo

Arlequina

  • Compañía: Os Monicreques de Kukas
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Isabel Rey Pousada, Marcelino de Santiago (Kukas)
  • Autoría: Marcelino de Santiago (Kukas)
  • Tipo: Monicreques
  • Destinado a: Público familiar
  • Presentación: 2019
  • Duración: 60'

O equipo artístico deste espectáculo celebrará un coloquio co público o xoves 4 de xullo ás 12.30h na Capela do Hospital

A Compañía

Os Monicreques celebran o 40 aniversario, o que supón o nacemento do teatro con marionetas contemporáneo galego. Cunha liña de traballo moi personal e variada tanto polas técnicas empregadas como polos formatos, temas tratados e público ao que vai dirixido, os seus espectáculos son sempre en galego.

Sinopse

Espectáculo dirixido a todos os públicos que combina o traballo de actor coa animación de marionetas, a maxia e a música en directo nun espazo escénico suxerente no que todos forman parte da divertida, misteriosa e trepidante aventura que supón a viaxe de Arlequina, unha peculiar marioneta de papel.

Ficha artística

  • Autor: Marcelino de Santiago Viqueira (Kukas)
  • Intérpretes: Jorge Casas Caneiro, Isabel Garcia Coldeira, Borxa Insua Lema, Marcelino de Santiago Viqueira,  Larraitz Urruzola Tolosa, Ero Vázquez Cabrera
  • Músicos de Zoar Ensemble: Joan Ibañez, Benjamin Iglesias, Alex Salgueiro, Antonio Suare, David Villa
  • Deseños marionetas, escenografía: Marcelino de Santiago Viqueira (Kukas)
  • Música: Zoar Ensemble
  • Composición cancións: Benxamín Iglesias
  • Deseño publicidade: Isabel Rey
  • Deseño iluminación: Miguel Cabaleiro Saco
  • Dirección: Isabel Rey Pousada e Marcelino de Santiago