Demo

Tout ira bien

  • Compañía: Cie Dé-Chaînée
  • Procedencia: Francia
  • Dirección: María Cadenas
  • Autoría: María Cadenas
  • Tipo: Rúa
  • Destinado a: Público familiar
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Presentación: 2017
  • Duración: 45'

A Compañía

Cie Dé-Chaînée xorde coa idea de crear espectáculos que falen da nosa sociedade actual a través do teatro xestual e o humor. Tout ira bien de María Cadenas foi un dos 7 proxectos seleccionados polo Groupe Geste(s) e participou en diversos festivais de Francia e España.

Sinopse

Entre o clown e o teatro xestual, Tout Ira Bien conta a historia dunha muller que loita  contra a precariedade e a soidade co humor como única arma. Rompendo os tabús do éxito e rindose das adversidades da vida, Dolores prepara unha receita que nos vai descubrir de que pasta está feita.

Ficha artística

  • Creación e interpretación: María Cadenas
  • Axudante dirección: Antonio Ávila
  • Decorado: Romain Thomas
  • Vestiario: Carmen Cabello
  • Cartel: Anne Loève
  • Música: Liam Morrissey e Nelson Vergara