Demo

Dona Barriga Verde

  • Compañía: Larraitz Producións Artísticas
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Santi Prego
  • Autoría: Larraitz Urruzola
  • Tipo: Monicreques
  • Destinado a: Público familiar
  • Presentación: 2018
  • Duración: 45'

A Compañía

Larraitz Urruzola domina varias técnicas de manipulación de monicreques, é creadora de propostas escénicas para público familiar dende 1989, trinta anos de percorrido por varias compañías profesionais de títeres de Galicia, onde amosou gran versatilidade artística e capacidade de conexión e comunicación co público.

Sinopse

Dona Barriga Verde é unha pícara, cantarina e pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás encarando as situación sen filtros, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo.

Ficha artística

  • Actriz/titiriteira: Larraitz Urruzola
  • Dirección: Santi Prego
  • Deseño do retablo, caracterización pictórica dos títeres: Kukas
  • Talla en madeira e atrezzo: Borja Insua
  • Vestiario: Bety Busto
  • Fotografía: Kukas
  • Vídeo: Pixelín Photo
  • Deseño gráfico: Heitor Real
  • Colaboración atrezzo: Pepe Penabade
  • Colaboración palleta: Monica Fraga e Che Vazquez

Agradecementos a Malvela e a Chouteira polas cancións O pirimpimpim e o Ghai Ghai e á Asociación C Morreu o Demo, á  Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ESAD e ao Centro Sociocultural de Conxo en Santiago polo apoio prestado.

Destaques

Con protagonista femenina, por primeira vez nas tradicións europeas, Dona Barriga Verde achega novas perspectivas  aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición, supón unha actualización das formas e xeitos do títere popular, reinterpreta o patrimonio inmaterial desta técnica titiriteira que nos axudou a purgar as inxustizas a través da risa durante séculos.

Dona Barriga Verde integra elementos do Barriga Verde galego, creado por José Silvent a principios do século XX, con préstamos doutras tradicións titiriteiras europeas como son o Dom Roberto portugués, o Pulcinella italiano ou o Punch&Judy inglés entre outros.