Demo

Crunch!

  • Compañía: Muu. Coproduce MITCFC
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Natalia Outeiro "Pajarito"
  • Autoría: Muu
  • Tipo: Circo e clown
  • Destinado a: Público familiar
  • Estrea: Estrea absoluta
  • Duración: 50'

A Compañía

A compañía Muu nace da colaboración entre Assircópatas e Circo Chosco. A simbiose entre a sorprendente forma de ver o mundo, o humor, a vida, os conflitos e solucións de Assircópatas e a técnica acróbata e clown de Óscar Páez, de Circo Chosco

Sinopse

Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, a conciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No fondo todas somos superheroes.

Ficha artística

  • Elenco: Daniel Blanco e Óscar Páez