Demo

Cartóons

  • Compañía: Producións Teatráis Excéntricas
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Víctor Mosqueira, Josito Porto
  • Autoría: Víctor Mosqueira, Josito Porto
  • Tipo: Rúa
  • Destinado a: Público familiar
  • Estrea: Estrea absoluta
  • Duración: 55'

A Compañía

Excéntricas orienta os seus traballos ao territorio da comedia e da farsa. Sirve de plataforma para as creacións de Mofa & Befa ou Quico Cadaval. Tamén explora outras formas do humor máis sarcástico de autores internacionais como Shakespeare, Martin Mc Donagh ou Topor. 2019 é o noso 15º aniversario.

Sinopse

Dous tipos abandonados nas marxes. Persoas que perderon todo e teñen que aprender a facelo todo de novo, dende a cunca na que beber até o smoking que necesitan para acudir a unha gala. Todo isto parece un drama, mais non é. A ollada inocente dos pallasos fannos ver as cousas diferentes.

Ficha artística

  • Elenco: Josito Porto e Víctor Mosqueira
  • Espazo escénico e deseño gráfico: Marcelino de Santiago "Kukas"
  • Iluminación: Pepe Quintela
  • Produción: Rubén G. Pedrero
  • Apoio na dirección de Quico Cadaval

Destaques

  • Estrea en Cangas na súa versión ao aire libre.
  • Primeiro espectáculo infantil de Excéntricas na súa historia (15º aniversario 2004 - 2019)