Demo

Erotismo sen +

  • Procedencia: Galicia
  • Autoría: Encarna de Béjar
  • Tipo: Exposición

ENCARNA DE BÉJAR

Encarna de Béjar Gallego pasa a súa adolescencia en Tui. Obtivo a súa licenciatura na facultade de Belas Artes de Pontevedra e na actualidade dedícase á pintura. 

A temática principal da súa obra é “EROTISMO SI MÁIS”. Os protagonistas dos seus cadros tentan transmitirlle emocións ao espectador. Hai implícita unha linguaxe erótica que involucra a todos e cada un dos sentidos. Así pois, as súas obras deben ser miradas cos cinco sentidos, pois que son corpos que se senten, que se acariñan, que se miran, que se desexan… 

As súas exposicións repártense entre Galicia e Portugal. En Galicia expuxo na Deputación de Pontevedra, no Concello de Allariz, no Concello de Tui e agora no Concello de Cangas.

En Portugal, no Mosteiro de Guimaraes, na Galería Quadrasoltas (Oporto). É nesta galería onde se fai membro da “Asociación de Artistas Quadrasoltas”, entidade sen ánimo de lucro co propósito exclusivo de divulgar a arte e a cultura. Actualmente participa en exposicións colectivas “Arte Solta 6”. A súa anterior exposición foi na Galería Matriz Arte de Famalicao. Foi invitada por esta galería, xunto con outros artistas, e participa na homenaxe ao escritor e poeta Camilo Castelo Branco, cuxos traballos artísticos poden ser visitados no Museo de Estudos Camilianos de Famalicâo.