Demo

Proxecto Cuco: Cultura contra o cambio climático

  • Compañía: Teatro Tío Teixo. Coproduce MITCFC
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Servando Barreiro, Anxo Moure
  • Autoría: Anxo Moure, Servando Barreiro
  • Tipo: Rúa
  • Destinado a: Público familiar
  • Estrea: Estrea absoluta
  • Duración: 45'

A Compañía

Tio Teixo Teatro forma parte dun proxecto de animación teatral, de contacontos e bibliografica vinculada a pedagoxia sobre o coidado da natureza que naceu en 1.989 (recén cumpridos os 30 anos) con máis de 9.500 sesións artísticas en 3.000 espazos de Galiza, Asturias, O Bierzo, País Vasco e Portugal.

Sinopse

O proxecto Cuco promove a intervención artística en espazos abertos de rúa, parques, prazas, praias, baixo uns parámetros de compromiso coa sensibilización sobre o coidado da terra e diminución das emisións de CO2 a través de tres propostas:

  • Teatro Espido "O mar de amar"
  • Teatricleta
  • Animación de rua "A música da auga"
Calendario
27 de xuño:
  • BUEU. 12.00h. Pasarrúas: A música da auga
  • ADRO do HIO. 17.00h: Teatricleta.
  • PRAIA DE RODEIRA. 18:00h: Sabeliña Sabelar, unha pinguiña de mar. 
  • ITINERANCIA NOCTURNA. As noites submarinas.
28 de xuño:
  • CANGAS. 12:00h: Pasarrúas: A música da auga. 
  • PRAIA DE BARRA. 18:30: Teatro Espido: O mar de amar.
  • ITINERANCIA NOCTURNA. As noites submarinas.
29 de xuño:
  • MOAÑA. 12:00: Pasarrúas: A música da auga.
  • PRAIA DE AREAMILLA. 18:00 Teatricleta.
  • ITINERANCIA NOCTURNA: As noites submarinas.
30 de  xuño:
  • EIRADO DO SINAL. 13.00h:  Teatricleta: Vermuth e Teatro
  • PRAIA DE OS ALEMÁNS. 18:00h: Teatro espido: O mar de amar. 
  • EXTERIOR AUDITORIO. 21.30h: Intervención: Imos plantar unha butaca vella e darlle unha alegría ao teatro
1 e 2 de xullo: Teatro para bebés (Espectáculo non aberto ao público).
  • GALIÑA AZUL, Choupana, Cangas. 10.30h.
  • GALIÑA AZUL, Hio. 10.30h. 

Ficha artística

  • Servando Barreiro, músico de formación de conservatorio, con máis de 30 anos de actuacións e numerosos traballos músicais editados.
  • Anxo Moure, contacontos, escritor e educador ambiental, con 30 anos de traballo actoral e numerosos libros publicados Brais do Bosque (aprendiz de contacontos e creador audiovisual).

Destaques

  • Premio de Educación Ambiental en Galicia 1991
  • Premio a mellora da calidade de vida 1993
  • Premio Arte e medio ambiente (Sgea) 2009 e 2016
  • Premo Osíxeno (ADEGA) 2.011
  • Premio Son de Aldea 2.016
  • Promotores do proxecto "Cinema Palleiriso" e "Contos na Casa da árbores"
  • www.contosolidarios.org