Demo
  • MITCFC
  • Programa
  • A dramaturxia actoral e os procesos de creación colectiva

A dramaturxia actoral e os procesos de creación colectiva

  • Compañía: Teatro en Vilo
  • Procedencia: Madrid
  • Imparte: Andrea Jiménez, NoemíRodríguez
  • Inscrición: Descargar formulario

DESCRIPCIÓN

Este taller dirixido a actores e actrices, directores/as, dramaturgos/as é unha oportunidade para achegarse a procesos de creación colectiva onde o actor ou a actriz ten un rol fundamental, pois el/a é quen de xerar e organizar o material escénico traballando desde a súa individualidade, referentes e visión do mundo.

Tamén é unha oportunidade para que directores/as e dramaturgos/as desenvolvan ferramentas para provocar e organizar os distintos imaxinarios e propostas dos actores/creadores, ao tempo que envorcan as súas propias ideas no proceso de creación.

Neste taller poremos a disposición dos participantes unha ampla gama de recursos físicos, coreográficos, dramatúrxicos e de improvisación. Este material contribuirá a desenvolver o potencial creador de cada participantee articular unha visión artística e unha linguaxe escénica propia nun contexto único de colaboración e encontro con outros creadores.

Afondaremos na importancia do corpo e o movemento como manancial da imaxinación do actor/actriz, creador/ora e aprenderemos a ordenar a información no espazo e no texto nun ambiente de xogo, liberdade e colaboración.

CONTIDO

  • Training físico e vocal.
  • Análise de movemento no espazo escénico.
  • Estudo de principios fundamentais para a construción de estruturas dramáticas a través de exercicios de movemento e escrita.
  • Composición coreográfica e dramatúrxica.
  • Disparadores temáticos e improvisacións guiadas.
  • Tempo de ensaio e creación (individual e/ou colectiva).
  • Feedback.

OBXECTIVOS

  • Redescubrir a relación actriz/actor, dramaturgo/a, director/a e reformular os roles no proceso creativo.
  • Implementar a autonomía creativa do grupo e os individuos, o seu compromiso, responsabilidade e xenerosidade.
  • Desenvolver a capacidade de xogo, imaxinación e intuición artística.
  • Xerar disparadores creativos a partir de eixes temáticos e xestionar a información xerada polos mesmos.
  • Integrar nocións dos procesos de creación colectiva e do traballo en grupo.
  • Estudo da expectativa e tensión dramática como ferramentas fundamentais na construción de historias.
  • Coñecer desde o punto de vista do corpo en movemento os principios de construción dramática.
  • Practicar a relación entre movemento e imaxinación e a súa aplicación na creación escénica e artística.
  • Estudo do tempo, ritmo e espazo como elementos fundamentais no texto escrito e a posta en escena.
  • Que o alumno/a sexa capaz de vincular o seu traballo co seu contexto, a través da observación precisa do que sucede ao seu carón.  
  • Recoñecemento do corpo, voz e da personalidade creadora.
  • Desenvolver a capacidade de relacionarse cun público no “aquí e agora”.
  • As diferentes formas de relacionarse co espazo, percibilo, movelo e moverse nel.

TEATRO EN VILO. A COMPAÑÍA

Teatro en Vilo é unha compañía internacional de teatro afincada en Madrid, fundada en Londres en 2012 e dirixida por Noemi Rodríguez e Andrea Jiménez. Teatro en Vilo funciona como un colectivo que serve de plataforma para colaboracións internacionais e interdisciplinarias entre creadores de escena, artistas e investigadores provenientes de países de todo o mundo. 

A compañía persegue un constante diálogo coa súa contorna social, política e persoal, o que lle obriga a renovar constantemente a súa linguaxe escénica. Os seus espectáculos, performances, eventos e talleres procuran situarse na delgada liña que separa o teatro da vida e a ficción da realidade. Combinando o improvisado e o coreográfico, o grotesco e o autobiográfico, o humor absurdo e a comedia xestual, a tenrura e a irreverencia, Teatro en Vilo lanzouse á apaixonante aventura de intentar desentrañar o tempo en que vivimos.

Na súa vontade de levar o teatro fóra dos escenarios, a compañía desenvolveu nos últimos anos unha batería de talleres e cursos que xogan un papel fundamental na súa traxectoria, pois serven como lugar de exploración de novas linguaxes e como outro xeito de entender o proceso e finalidade do traballo da compañía.

BIOGRAFÍAS ARTÍSTICAS DAS DIRECTORAS

ANDREA JIMÉNEZ

Directora, autora, actriz e produtora. 

Codirectora artística de Teatro en Vilo, compañía que funda na cidade de Londres en 2012 xunto con Noemi Rodríguez.Licenciada en Dereito e posgraduada en artes escénicas pola London International SchoolofPerformingArts, traballou como actriz e directora con reputadas compañías de Francia, España e Reino Unido. Tamén ten ampla experiencia na produción de espectáculos, xiras e festivais, e no desenvolvemento de proxectos pedagóxicos e comunitarios.

Andrea creou e dirixiu numerosos espectáculos entre os que destacan amultipremiada peza “Interrupted”, gañadora do Talent Madrid 2013 e doBestCompanyMimetic Festival 2013, “GeneraciónWhy”, estreada en 2018 no CentroDramático Nacional, ou “Locos de amor”, proxecto subvencionado pola convocatoria Art forChangeda Fundación La Caixa. Tamén dirixiu espectáculos para compañíasinternacionais como Fun intheOven (“CanaryGirls”) ouHispanicBreakdown (“Thecopla Musical”), así como proxectos comunitarios e con non-actores (“EscenarioChamberí”, “Transformando el ahora”).

Como actriz traballou con reputadas compañías e directores como: BlindSummit, PhelimMcDermott (Improbable Co.), AndrewDawson, PennyWoolcock (EnglishNational Opera), Cath Johnson (Glass-EyeTheatre) ouJoséPiris (Mimox Teatro).

Andrea impartiu e guiou talleres e laboratorios sobre creación colectiva,clown e storytelling en institucións como o Centro Dramático Nacional, o Centro de Arte Dos de Mayo, o Festival Clásicos en Alcalá, o Círculo de Bellas Artes, a Fundación Coca Cola, a Escuela Navarra de Teatro, o Liceo Francés de Istambul ou as Universidades de Oxford, Puna, Kerala e Bolonia.

Ademais, desenvolveu proxectos pedagóxicos utilizando o teatro como ferramenta de transformación social con distintos colectivos (Fundación 26 de Diciembre, ProyectoGira, CRL Carbanchel).

Actualmente Andrea prepara xunto a Noemi Rodríguez a dirección y dramaturxia da nova produción do Circo Price.

NOEMI RODRÍGUEZ

Actriz, directora, autora, pedagoga e coreógrafa.

Noemi fórmase na ESAD de Galicia (onde recibe unha matrícula de honra polo seu proxecto final de carreira) e despois realiza o Máster en Artes Escénicas na Universidade de Vigo e un curso de posgrao na London International SchoolofPerformingArtsgrazas á prestixiosa bolsa de estudos da Fundación Barrié.

Traballou extensivamente en distintos países como Francia, Portugal, España, Inglaterra, Estados Unidos e India. Como actriz e bailarina traballou para institucións de prestixio como o Centro Dramático Nacional, o Centro Dramático Galego, o Núcleo de Experimentação Coreográfica do Porto, aEnglishNational Opera, a Cuarta Pared y reputadas compañías europeas como BlindSummitouImprobableTheatre, entre outras.

Ademais, dirixiu varias obras de teatro entre ellasInterrupted(comedia xestual), Escenarios de Chamberí (teatro comunitario), Malena, llenaeres de gracia (teatro documental), Locxs de Amor (Teatro inclusivo) e fai a dirección de movemento en TheCanaryGirls(teatro físico).

No ámbito audiovisual destacan a súa participación napelícula A Esmorgae o seu traballo como actriz e reporteira no programa de la TVG LandRober.

Tamén impartiu cursos e conferencias sobre Interpretación, Creación Teatral, Creación Colectiva e Movemento nas Universidades de Oxford, Bolonia, Puna, Calcuta, Liceo Francés de Estambul ou LISPA. 

Noemié autora de catro obras dramáticas, amplamente representadas en Europa. Así é que en 2015 y en 2019 recibe dúas candidaturas aos Premios Maxna categoría de Mellor Autoría Revelación pola súa obra Interrupted.

Actualmente Noemi xunto a Andrea Jiménez prepara a dirección e dramaturxia da nova produción do Circo Price, Miss Mara: Quien se reserva no es artista, que se estreará en maio de 2019.

ORGANIZACIÓNS QUE ACOLLERON OS NOSOS TALLERES

  • Escuela Navarra de Teatro (Pamplona) -"La Creación Colectiva".
  • Centro Dramático Nacional - Laboratorio RivasCheriff (Madrid) – “Taller de Creación “.
  • JornadasInjuve - Fundación 26D (Madrid) -" Storytelling".
  • Asociación de Actores e Actrices de Galicia (Santiago de Compostela) - "Corpos que escriben, mentes que accionan".
  • Clásicos en Alcalá (Alcalá de Henares) - Shakespeare y yo.
  • PlatformShift Festival (Forli- Italia) - "Teambuilding".
  • Liceo Francés de Estambul (Turquía): “Teatro Físico y Storytelling”. Decembro 2017.
  • Muestra de Teatro de Torreperogil: “Storytelling: el arte de contar historias”. Decembro 2016.
  • Fundación Coca-Cola // Premios Buero: “Taller de movemento e expresión corporal”. Xuño 2016.
  • Fundación Coca-Cola// ProyectoGira: “Teatro para adolescentes en riesgo de exclusión social”. Maio 2015.
  • Círculo de Bellas Artes de Madrid // “Storytelling: El Arte de contar historias” Abril-Maio 2015.
  • Colegio bilingüe Gonzalo Fernández de Córdoba // “Teatro para niños”. Curso escolar 2014-2015.
  • Università di Bologna (Italia) // “La acción en la palabra de Octavio Paz” Traducción en la.Abril 2015.
  • LycéeFrançais de Madrid // “Teatro del gesto y coro” Febreiro 2015.
  • Visualeaders // “Business Storytelling” Febreiro 2014.
  • ONG ADAPT (India) // ”Juego y Creatividad” (// Escucha y TeamBuilding.  Decembro 2014.
  • AurovillePerformingArts Centre (India) // “El cuerpo poético y la creación colectiva” Novembro 2014.
  • Pune University (India) // “Teatro físico y creación colectiva”. Novembreo2014.
  • CalicutUniversity (India) // “Creación teatral contemporánea” (estudantes de Arte
  • Dramático). Outubro 2014.
  • AbhinayaTheatreGroup (India) // “Teatro de la provocación”. Novembro 2014.
  • Oxford University (Reino Unido) // “De la poesía a la escena”. Xuño 2013.
  • ELT BaptistChurchYouth Project (Londres) // “Roles y jerarquías en el Instituto”. Xuño-Xullo 2013.
  • RichmondCollege (Londres) // “Darío Fo y el juego escénico”. Maio 2013.
  • Bromley- By-BowCommunity Centre (Londres) // “Inglés a través del teatro” // “El clown y el juego”.Xaneiro-Xuño 2013.
  • HackneyShed (Londres) // Teatro Inclusivo Xaneiro - Xuño 2013.
  • Centre d´Art La Rectoria // Juego teatral y creación colectiva. Outubro 2012.

QUE DIXERON DOS NOSOS TALLERES

“Unha experiencia enriquecedora que transita fascinantes camiños para a ensinanza da literatura a todos os niveis académicos. Desexamos que este tipo de experiencias, auténticos motores de creación e crecemento intelectual, teñan cada vez máis cabida nos programas educativos. Un xeitode sentir o verso transformado en carne.”

Dr. Diego Pardo. Universityof Oxford.

“Para min foi unha experiencia incríble. Gocei moitísimo cada exercicio. O que me levo deste taller é a atención a cada detalle, tomar conciencia do que me rodea e mover o meo corpo con liberdade”.

Francesca. Symbiosis. Universidad de Puna.

“Encantoume todo o relacionado co taller excepto o feito de que se rematara”.

Jay. Symbiosis. Universidad de Puna.

“Encantoume ir perdendo as miñas inhibicións gradualmente duranteo curso y deixarme levar polo “flow” para irme sentindo cómoda na miña pel. ¡Pareceume fascinante como todos os exercicios exogos están conectados coa vida real!”.

TejalAmbardekar. Symbiosis. Universidad de Puna.

“O primeiro paso cara aos meus soños”.

Ganga G. Nais. AbhinayaTheatreCompany.

“Este curso axudoume moitoá hora de entender as miñas debilidades, a confiar nos demais e sobrepoñerme aos meus medos”.

TejashreeSoukoor. ADAPT Bombay.

“Espectacular”.

Robert. AurovillePerformingArts Centre.

“Isto é vida”.

Sudhikuiiy. AbhinayaTheatreCompany