Demo

A Illa das Matriarcas

  • Compañía: Aporía Escénica/Theatre of the Ancients. Coproduce MITCFC
  • Procedencia: Galicia-Illas Baleares
  • Dirección: Diana Mera e Joanna Hruby
  • Autoría: Diana Mera e Joanna Hruby
  • Destinado a: Público adulto
  • Estrea: Estrea absoluta
  • Duración: 60'

A Compañía

Aporía Escénica, dirixida por Diana Mera, explora o universo da muller e a ecoloxía a través da hibridación de linguaxes que potencien a plasticidade.

Theatre of the Ancients, dirixida por Joanna Hruby, é unha compañía de teatro de títeres baseados na mitoloxía, historia e folclore de Ibiza.

Sinopse

A Illa das Matriarcas é unha ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, entre o microuniverso da Illas de Ibiza e Arousa, entre Diana e Joanna. Procesos vivenciais que nos achegan á historia tradicional e cotiá. Un Ir e Volver rítmico onde espellarnos a través da figura mítica do paxaro e do mar.

Ficha artística

  • Creación e Interpretación: Diana Mera e Joanna Hruby
  • Títeres e Escenografía: Joanna Hruby
  • Fotografía: Enrique Villalonga
  • Coprodución: Aporía Escénica, Theatre of the Ancients e MITCFC