Demo

Teatro e educación

O teatro é unha ferramenta que facilita o desenvolvemento integral das persoas e incentiva a súa implicación na sociedade e, ademáis, os seus beneficios poden ser aproveitados e incorporados ao sistema educativo.

Faise polo tanto imprescindible a presenza do teatro como ferramenta útil para facilitar o crecemento do alumnado de todos os niveis educativos. Sen esquecer, por suposto, a necesidade das escolas específicas de teatro para formar profesionais ou para ofrecer o goce da práctica desta arte.

Desas dúas vertentes trata este encontro:

1. O teatro como elemento transformador individual e social
  • Pepa Barreiro, actriz, directora e pedagoga teatral 
  • Fernando Dacosta,  actor, director, dramaturgo e pedagogo teatral
  • Pomba Lugilde,  actriz, directora e pedagoga teatral
  • Flor Maceiras, actriz  e docente teatral (directora da Escola de teatro de Narón)
  • Manuel F. Vieites (ESAD de Galicia/ Universidade de Vigo)
  • Modera: Zè Paredes, dramaturgo e director
2. O teatro como ferramenta pedagóxica
  • Xoán Carlos  Riobó, director e dramaturgo
  • Pedro Pablo Riobó, director, dramaturgo e profesor de teatro
  • Vanesa Sotelo, dramaturga, directora e pedagoga teatral
  • Rosalía Fernández Rial,  poeta, docente e investigadora
  • Modera: Antón Lamapereira, actor de teatro afeccionado e animador teatral