Demo

Sexo, feminismos e cultura

Presenta: María Armesto.                            

19.15H. FEMINISMOS. A HISTORIA CÓNTANA ÁS VENCEDORAS de Anna R. Figueiredo

Anna R. Figueiredo. Escritora. Profesora de ensino secundario no ámbito das ciencias.Ten publicadas numerosas historias curtas en banda desdeñada. Premio de Relato Curto de Mugardos (2014). Premio Quintal Literario (2014). Premio de Relato Curto Inspiraciencia (2014). Gaña o I Certame de Novela Viaductos coa súa primeira novela, Os bicos feridos (2018).

A historia cóntana as vencedoras é un traballo divulgativo para animar ás mulleres máis novas a coñecer o movemento feminista e profundar nel.

19.30H. CHÁMAME SEÑORA PERO TRÁTAME COMA A UN SEÑOR de Inma López Silva

Inma López Silva. Escritora, crítica e investigadora teatral. Profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.   Premio Rúa Nova por Neve en abril (1996) Premio Xerais por Concubinas (2002). Premio Blanco Amor (2007), Premio AELG á mellor obra de narrativa (2008) e Premio Arcebispo San Clemente á mellor novela en galego por Memoria de cidades sen luz (2008). Premio Insua dos Poetas en recoñecemento aos seus 20 anos de carreira literaria (2016) 

Chámame señora pero trátame coma a un señor, lonxe de ser un ensaio ao uso é unha memória personal do machismo na cultura, se se quere, unha perda da inocencia, unha ruptura con certos silencios, mesmo un balance de máis de vinte anos de dedicación á literatura.

19.45H. ÁM@ME. Pensar o amor no século XXI de Chis Oliveira e Amada Traba

Chis Oliveira Malvar. Catedrática de Filosofía e Doutora en Educación Sexual. Foi presidenta da ONG de dereitos sexuais Federación de Planificación Familiar Estatal. O seu pioneiro labor educativo e con perspectiva de xénero, convértena nun referente no campo da educación sexual de adolescentes. Autora de numerosas publicacións sobre a materia. Premio Irene do Ministerio de Educación (2011).

Amada Traba Díaz. Licenciada en Ciencia Políticas e Socioloxía. Profesora da Uvigo de Socioloxía da Educación. Dende hai vinte anos participa en numerosas actividades de divulgación, formación, investigación e asesoramento no campo da socioloxía do xénero, nomeadamente nas que aplican a perspectiva de xénero á educación. Publica "A representación feminina no arquvio Pacheco" (2010). 

Ám@me é un traballo divulgativo sobre a complexidade do amor nestes tempos onde todo cambia á velocidade da luz e nos que compre  desaprender os modelos nocivos baseados nos mitos románticos e nunha sexualidade condicionada pola pornografía. 

20.15H. DEBATE

Conduce: Gaila Fernández Mariño. Integrante da Asemblea Feminista Asumcordas, proxecto que nace como asemblea aberta para dar ás rapazas de Cangas unha ferramenta organizativa coa que  facer fronte ás necesidades derivadas do seu contexto material.

21.00H. ESPECTÁCULO: 15 MINUTOS

Actriz e Directora: Mónica Sueiro. 

21.20H. CLAUSURA

Representante da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Concello de Cangas. Colabora: Dª Paula Tenorio, Directora do CIM de Cangas.