Demo

30 anos do Teatro do Morcego

  • Tipo: Exposición

Compañía fundada no ano 1989 polo actor e director Celso Parada e Isabel Ávila. O Nome foi elixido en homenaxe a Castelao e a súa fascinación co Théâtre du Chauve-Sauris de Nikita Balief na súa viaxe a Paris.

O teatro do Morcego mantén a súa actividade ininterrompida desde entón, recibindo premios  en distintas modalidades nos Compostela por Misterio cómico e Doberman; nos María Casares por Lazariño de Tormes, Gran ilusión e Momo, sendo ademais finalista en varias ocasións. 

Entre 1993 e 1998 constitúe xunto con Teatro de Ningures e Tanxarina a compañía Producións Teatrais do Sur.

No ano 2009 convértese en compañía residente do Concello de Narón pola súa longa traxectoria  profesional cunha produción estable.

Ao longo destes trinta anos produciu 31 espectáculos nos que participaron máis de 50 actores, actrices, músicos e bailarinas. 

Ademais de Celso Parada a compañía contratou a diferentes directores:  Júlio Cardoso. Quico Cadaval, Bernardo Galli, Etelvino Váquez, Andrés Pazos, Xoán Cejudo,  Álvaro Lavín, Antonio Simón,  José Prieto e Kevin Orr.

Actualmente  a compañía está preparando “Delicatessem” un espectáculo que xoga ao ilusionismo a partir de textos de Eduardo de Filippo, Eduardo Galeano e Roland Toppor. Dramaturxia e direción de Celso Parada. En escena o propio Celso e Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”.