Quince minutos
- Compañía: Mónica Sueiro
- Procedencia: Galicia
- Dirección: Mónica Sueiro
- Autoría: Mónica Sueiro
- Destinado a: Público adulto
- Presentación: 2018
- Duración: 15'
A Compañía
Mónica Sueiro é actriz, creadora, directora de escena e pedagoga teatral. Despois de dez anos centrada na creación dende a pedagoxía e a dirección escénica, retoma o seu proxecto como intérprete atendendo aos códigos escénicos que lle interesan e na procura da súa propia linguaxe.
Sinopse
A Actriz solicita as súas "criaturas en expansión" unha peza para ser representada. Un texto sublime que faga a súa vida soportable. Desexo cumprido. Por fin vai ter un escenario, público e unha caixa con instruccións para construir unha escena. Só ten quince minutos e poden ser unha eternidade.
Ficha artística
- Interpretación, dramaturxia e dirección: Mónica Sueiro
- Letra e música de "Estou ata a cona": Sergio Llauger
- Coreografía de "Pink Panter moment": Merche Pérez
- Deseño gráfico: Muqui Appleseed
Destaques
- A peza foi estreada en Ourense no "Encontro de mulleres creadoras" dentro do FITO.