Demo

Quince minutos

  • Compañía: Mónica Sueiro
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Mónica Sueiro
  • Autoría: Mónica Sueiro
  • Destinado a: Público adulto
  • Presentación: 2018
  • Duración: 15'

A Compañía

Mónica Sueiro é actriz, creadora, directora de escena e pedagoga teatral. Despois de dez anos centrada na creación dende a pedagoxía e a dirección escénica, retoma o seu proxecto como intérprete atendendo aos códigos escénicos que lle interesan e na procura da súa propia linguaxe.

Sinopse

A Actriz solicita as súas "criaturas en expansión" unha peza para ser representada. Un texto sublime que faga a súa vida soportable. Desexo cumprido. Por fin vai ter un escenario, público e unha caixa con instruccións para construir unha escena. Só ten quince minutos e poden ser unha eternidade.

Ficha artística

  • Interpretación, dramaturxia e dirección: Mónica Sueiro
  • Letra e música de "Estou ata a cona": Sergio Llauger
  • Coreografía de "Pink Panter moment": Merche Pérez
  • Deseño gráfico: Muqui Appleseed

Destaques

  • A peza foi estreada en Ourense no "Encontro de mulleres creadoras" dentro do FITO.