Demo

Nós que (nos) queremos tanto

  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: Mar Cendón e María Rosendo

Obradoiro para asociadas ADICAM

Cando non sabemos quen somos e que desexamos, tendemos a reproducir os roles e estereotipos que socialmente se nos asignan. Para romper con estas pautas que nos restan autonomía é importante aprender o valor de autonomearnos, visibilizar os nosos saberes e experiencias, pór en valor as fórmulas de facer feministas, darnos autoridade é recoñecer ás outras como interlocutoras e aliadas.

Este taller é un convite a experimentar fórmulas, para expresar o que queremos (tanto) e como n(o)s queremos.

MAR CENDÓN

Licenciada en Ciencias Políticas e Máster en Estudos de Xénero. Desde 2008 o seu labor está vinculado ao feminismo no ámbito da educación, divulgación e comunicación,  activismo e creación. Traballa na despatriarcalización de espazos e relacións e pola construción colectiva e autoxestionada de ferramentas de empoderamento. 

MARÍA ROSENDO

Filóloga, Educadora social e Máster de Xénero. Desde 2009 dinamiza, cunha perspectiva feminista, espazos de autoestima, xénero e vínculos amorosos con mulleres adultas e adolescentes. Conta co nivel dous de Facilitación e Xestión de Grupos co Ceida - Ifface. Estuda  Traballo de Procesos no Instituto de Trabajo de Procesos de Barcelona.