Pregón inaugural por Lois Soaxe

Domingo, 25 Junio 2023 22:30
Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela
  • Procedencia: Galicia
  • Tipo: Pregón

LOIS SOAXE. ACTOR.

Chámome Lois Soaxe e convidáronme a abrir a Mostra deste ano. Teño cincuenta e sete anos e a Mostra cumpre este ano a súa edición número corenta, é dicir, dezasete anos tiña eu na súa primeira edición.

Aos dezaseis anos entrei no Grupo de Teatro Estable do Instituto de Rodeira que crearon Sito Parada e Carlos del Valle e montamos “Momo” de Michael Ende. A partir de aí foi un non parar, e

a Mostra sempre presente.

Grazas a traballar de pipa nas primeiras edicións, miraba todas os obras e aquilo gustábame moito.

Participei no primeiro espectáculo da Escola Dramática Galega con “ E vostede… como se chama” e na primeira de Teatro de Ningures “ Zeussión continua” de Woody Allen e a Mostra ía pola súa cuarta edición e, grazas a ela, moito teatro, moitísimo de rúa e moitos obradoiros que facer, moita curiosidade que encher e moito oficio por aprender.

Nese ano, a Mostra convidou a dar un curso a un director asturiano chamado Etelvino Vázquez, eu asistín e, grazas outra vez a Mostra, a miña vida trocou, deixei a familia, os amigos, dous cans e sete galiñas e partín á emigración, ben..., emigración..., marchei a Xixón, aí ao lado cambiando soamente a cunca polo culín.

Marchei a estudar teatro (aquí aínda non había ) e a traballar: Teatro del Norte, Producciones Nun tris, Toaletta teatro, Producciones Quiquilimón, Compañia Tres Ruedas… e  ía e viña, e viña e ía e sempre que podía cadraba coa Mostra e con Darbo.

No noventa e sete regreso a Galicia, coñezo o audiovisual galego, traballo coas compañías: Nove- Dous teatro, Teatro de Ningures, C.D.G, dou clases e sigo agardando á Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Non son da Xeración X, nin da Milenial nin da Nini, eu son da Xeración Mostra e este ano, no que cumpre corenta anos, son o seu Pregoeiro.

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.