Artistas visionarias

Venres, 09 Xullo 2021 19:00
Sala de exposicións Auditorio Municipal

Presenta: Dª María Armesto. Directora Artística MITCFC.

Dª LORETO BLANCO. Pintora. Profesora Titular no Departamento de Pintura da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

Pese á mestría e a innovación artística que aportaron, pouco se fala das mulleres visionarias no mundo da arte. Dende unha alta conexión co espiritual, estas mulleres exercen de mediadoras co mundo do non visible, valorando o exercicio da arte como un xeito de aceptar a condición humana, de internarse no descoñecido, primando o sentir e a conexión coa alma ás normas sociais establecidas. Algunhas destas mulleres asumiron realizar a súa obra sabendo que sería nun futuro cando a sociedade estivese preparada para recibila e comprendela.

Hoxe podemos observar a obra destas mulleres e albiscar que, no seu traballo e aportación, hai toda unha arte liberadora e profundamente curadora. Mulleres que trazan liñas invisibles cara o coñecemento profundo de si mesmas e deixando que a pegada da súa obra guíe a outras no seu camiño.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.