Comando señoras: reconstruíndo a ficción

Venres, 09 Xullo 2021 19:15
Sala de exposicións Auditorio Municipal

Presenta: Dª María Armesto. Directora Artística MITCFC.

Dª ALICIA REYERO. Actriz. Directora.

Comando Señoras nace no 2018 como resultado dun proceso de creación colectiva no marco da formación regular, Reconstruir la Ficción, que imparte Alicia Reyero. 

Formación de mulleres de diferentes idades e ciclos vitais na que se analiza o papel da muller na ficción e a relación existente entre as diferentes violencias que sufrimos as mulleres froito da devandita representación.
Acostumadas a consumir ficcións creadas por homes onde as mulleres están absolutamente sexualizadas e en raras ocasións os personaxes principais pasan dos 30 anos, preguntámonos, Porque se estigmatiza ás señoras que nos coidan, que nos dan a vida, que sosteñen a metade da economía? Porque son obxecto de chiste? Porque o seu traballo permanece invisible? ONDE ESTÁN AS SEÑORAS?

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.