Corpo sonoro: unha viaxe vibratoria

Xoves, 01 Xullo 2021 16:30
Sala de exposicións Auditorio Municipal
  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: María Costas
  • Tipo: Obradoiro
  • Destinado a: Socias de ADICAM

A voz será a protagonista, o fío condutor nesta viaxe. O corpo sonoro vai convidar ó resto dos corpos a ter unha experiencia sonora, vibratoria, creadora, integradora e curadora.

Aínda que nos concibamos a nós mesmas como partes separadas, somos indivisibles. Corpo, mente, emocións … todo está conectado e esa harmonía nos convirte en seres completos.

Habitarnos plenamente pasa por reconectar, conxugar o corpo físico, o emotivo e a mente nunha unidade. Traelo todo á nosa atención e xogar a vivirse totalmente.

Soltar, ceibar, desfechar eses sons que viven agochados dentro do corpo e tanto molestan. Deixar que o corpo manifeste a incomodidade, que a voz lle axude a flexibilizarse, que o corpo axude a que a voz saia da boca, do corazón, dos fígados…

Somos materia vibrátil, sons en flor. Despreguemos o bálsamo doce da voz sobre as dores e os temores.

Vibremos.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.