María Casares fronte ao espello

María Casares fronte ao espello

Sábado, 09 Xullo 2022 19:00
CENTENARIO MARÍA CASARES. UNHA VIDA EN ACCIÓN | Sala de exposicións Auditorio Municipal
  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: Sabela Hermida
  • Tipo: Presentación libro

Con este libro, a autora busca recoller o legado filosófico e artístico de María Casares, convertida en referente e icona das vangardas da época así coma da intelectualidade republicana e galeguista exiliada en América do Sur. 

Unha retrospectiva detallada da evolución artística, da carreira teatral e concepción da arte dramática e método interpretativo que ela tiña, influenciada en gran medida pola corrente filosófica existencialista. 

SABELA HERMIDA. Actriz e bailarina

Licenciada en Filosofía pola Universidade de Granada. Doutora en Artes Escénicas: Teatro, Música e Danza pola Universidade Rey Juan Carlos.  Doutorase coa tese O desenvolvemento artístico de María Casares dentro do marco existencialista francés.  

Experta na vida e obra de María Casares, imparte conferencias, participa en congresos programas de televisión e publica traballos sobre ela en revistas especializadas e en xornais. No ámbito da investigación conta con diversas publicacións sobre arte e sobre feminismo. Culmina eses anos de investigación coa publicación do seu primeiro libro, María Casares fronte o Espello coa Editorial Xerais.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.