Obradoiro Salón des refusés

Sábado, 03 Xullo 2021 10:00 | Domingo, 04 Xullo 2021 10:00
Sala de exposicións Auditorio Municipal: | Sábado 3: 10-15.00h. | Domingo 4: 10-15.00h.
  • Procedencia: Madrid
  • Imparte: Ana Esmith
  • Tipo: Obradoiro

Neste curso imos experimentar co fracaso, con todas esas veces que nos dixeron que non. Seredes os protagonistas do noso propio SALON DE REFUSÉS e ao final do curso o noso Salón de Rexeitados abrirá ao público.

Lonxe do fracaso, preparadas para o éxito, somos persoas rápidas, astutas, intelixentes, seguras, boas, simpáticas, divertidas, falamos e nos colocamos corporalmente ben... sabemos demasiado, facémolo demasiado ben.

Propoño o xogo como ferramenta para a procura individual cara ao descubrimento propio, nun espazo de xogo para que cadaquén poida buscar, descubrir e achegarse a aquilo que xa ten.

Se queres arriscar e xogar cos teus erros, aproveitándote das túas imperfeccións e afondar un pouco máis na TÚA implicación coa TÚA obra, BIENVENUE.                                                                                                           

Non se precisa nin curriculum nin dossier artístico nin videobook.

Aberto para artistas, actrices, actores, directoras/es  e calquera que utilice a súa persoa no proceso creativo.

Este Salón abrirá ao público o domingo 4 de xullo de 20:30a 21:30h.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.