• Inicio
  • Noticias
  • Ábrese o prazo para participar no obradoiro 'Reinventar a tradición' impartido por Paula Carballeira
  • Clara Castilla

A escritora, intérprete e realizadora de contacontos e actriz galega Paula Carballeira impartirá nesta XXXVII Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas o obradoiro 'Reinventar a tradición'. Esta actividade desenvolverase na sala de exposicións do Auditorio Municipal de Cangas os días 9 e 10 de xullo, en horario de 10 a 15 horas (10 horas lectivas). Os interesados en participar poderán inscribirse a partir das 10.00h do luns, 15 de xuño ata as 24.00h do domingo, 28 de xuño. O obradoiro ten un prezo de 20€ e haberá dispoñibles un total de 10 prazas. Para facer efectiva a inscrición é imprescindible enviar este formulario de inscrición, debidamente cuberto e sinalando no asunto: INSCRICIÓN OBRADOIRO, ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

A selección realizarase por rigorosa orde de inscrición. A lista das persoas seleccionadas publicarase a partir das 12.00h do luns, 29 de xuño. Publicarase, tamén, a lista por orde de inscrición de todas as persoas aspirantes ás prazas. FORMALIZACIÓN DA PRAZA: A reserva da praza formalizarase mediante o ingreso do importe do taller entre o luns, 29 de xuño e o sábado 4 de xullo, ambos incluídos, sendo imprescindible enviar copia do pago da matrícula ao correo electrónico da MITCFC : Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. En caso de anulación da reserva por parte dalgunha das persoas matriculadas, a organización non se compromete á devolución do importe da mesma se a praza non chegase a cubrirse.

FORMA DE PAGO

Por medio de transferencia bancaria á ASOCIACIÓN CULTURAL XIRIA, ao número de conta que se lle notificará ás persoas seleccionadas, indicando no concepto o nome da persoa admitida e a referencia OBRADOIROS MITCFC, sendo imprescindible enviar unha copia do ingreso da matrícula ao correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O luns 6 de xuño, unha vez formalizada a praza a través dos trámites antes indicados, proporcionaraselle ás persoas participantes o material elixido pola docente para traballar neste obradoiro.

OBRADOIRO

A estrutura e a simboloxía dos contos tradicionais poden converterse en boas aliadas das persoas que se adican á narración oral no século XXI, unha época na que se mira máis cara ao futuro que cara ao pasado. Pero como o tempo da ficción non responde aos mesmos parámetros que o tempo prisioneiro nos reloxos, este obradoiro impartido por Paula Carballeira tratará de descubrir cal é a tradición que reinventamos cando contamos historias, de onde vimos como narradoras, como narradores.

Os aspectos que se traballarán serán:

1. Os referentes.

   Memoria individual e memoria colectiva.

   A herdanza cultural e emocional.

   Fabulación e confabulación.

2.- A selección das historias.

   A conmoción. O impacto emocional.

   A vixencia temática.

   A empatía con quen recibe o conto.

3.- Os elementos do conto tradicional no século XXI.

   Os personaxes. Seguimos tendo heroes/ heroínas?

   Os argumentos e os temas. As teimas. A obsolescencia.

   Os espazos da narración. A introdución do espazo urbano.

   A estrutura.

4.- A procura da beleza na oralidade.

   A creación de imaxes. Os recursos estilísticos: metáfora, hipérbole, reiteración, metonimia...

   A importancia das lembranzas. A capacidade de evocación.

   A música e o ritmo das palabras.

5.- O lugar reservado para a narración oral na sociedade.

   Onde se conta?

   Para quen se conta?

   Cando se conta? 

 

PAULA CARBALLEIRA

Con máis de 25 anos de experiencia profesional no teatro e na narración oral, Paula Carballeira foi invitada aos festivais e encontros internacionais máis importantes neste eido. Ademais, desde hai varios anos, leva adiante un dos seminarios de formación en narración oral que organiza o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo e formou parte, nun par de ocasións, do profesorado da Escola de Verán AEDA (Asociación Española de profesionais da narración oral). É actriz e directora, tanto na compañía de teatro Berrobambán como noutras compañías en colaboracións puntuais, así como en distintos espazos e series de ficción da Televisión de Galicia. Como autora de literatura, ten máis de trinta libros publicados de narrativa, poesía e teatro, a maior parte de literatura infantil e xuvenil.

 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.