• Inicio
  • Noticias
  • A obra ‘El viento es salvaje’, da compañía andaluza Las Niñas de Cádiz, gaña o Premio do Público da 38 Mostra
  • Clara Castilla

A obra de teatro ‘El viento es salvaje’, da compañía andaluza Las Niñas de Cádiz, gaña o Premio do Público desta 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC). A obra, unha das estreas en Galicia que se puideron ver en Cangas ao longo dos últimos dez días, conseguiu unha puntuación de 4,73 puntos sobre cinco nas votacións a través de internet que os espectadores fixeron ao remate das obras que se levaron a cabo no Auditorio de Cangas. En segunda posición, con 4,26 puntos, quedou outra das estreas en Galicia, a obra ‘Ritos de amor y guerra’, da compañía catalá Comando Señoras. O terceiro posto, con 4,08 puntos, foi para ‘La señorita doña Margarita’, de Petra Martínez e Juan Margallo, espectáculo que tamén foi unha das estreas en Galicia desta Mostra.

El viento es salvaje’ conta a historia de dúas rapazas, Vero e Mariola, tan amigas que semellan irmás. Unidas desde a infancia por un amor e unha fidelidade inquebrantable. A obra é unha recreación libérrima de dous dos personaxes femininos máis apaixonantes da historia da cultura universal: Fedra e Medea. Unha traxedia, en verso, con todos os elementos clásicos do xénero, pero atravesada pola gargallada.

Las Niñas de Cádiz é unha compañía de teatro que traballa desde as raíces, fusionando elementos da cultura popular e o folclore con outros da denominada tradición culta. E sempre desde o humor. Alejandra López, Teresa Quintero, Rocío Segovia e Ana López Segovia son as actrices que dan vida á obra escrita e dirixida por Ana López Segovia.

O espectáculo xa recibiu do Premio Max ao Mellor Espectáculo Revelación en 2020 e o Premio do Público do Certame Nacional de Teatro Garnacha da Rioxa.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.