• Inicio
  • Novas
  • Intervención de María Armesto, directora artística, na entrega do Premio Marisa Soto na gala dos ‘María Casares de Teatro'

Intervención de María Armesto, directora artística, na entrega do Premio Marisa Soto na gala dos ‘María Casares de Teatro'

  • Clara Castilla

Intervención da directora Artística da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas durante a entrega do premio Marisa Soto outorgado pola Asociacion de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Este galardón foi entregado durante a Gala dos Premio María Casares no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

"Se hoxe recibimos este premio é porque nos sustenta un enorme tecido humano, social, cultural e de público. 

Dende aquela primeira directiva da A. C. Xiria, que hai 38 anos decidiu crear esta Mostra, con Xosé Manuel Pazos Varela á cabeza, a quen tanto botamos en falta, ata a equipa que hoxe a facemos posible, A.C. Xiria, Concello de Cangas, Teatro de Ningures, Estanislao Graña, Juan José Pérez, Xoán Carlos Riobó, Silda Alfaro, Salvador del Río, María Armesto e Che Mariño, que a dirixiu durante case 20 anos, e que non pode estar aquí arriba no escenario por mor das existentes barreiras arquitectónicas para as persoas de mobilidade reducida, algo incomprensible no ano 21 do século 21, xa que non só se lle limita a entrada a ela senón a calquera actriz, actor, pianista, cantante, etc con limitación de mobilidade que queira desenvolver o seu oficio.

Por último, agradecer o apoio constante das compañías galegas -importantísimo- o das entidades patrocinadoras, públicas e privadas, e moi especialmente o labor de todas aquelas mulleres en acción que, como Pepa Barreiro ou Paula Tenorio, axudaron a que nos convertésemos na primeira mostra paritaria do estado.

Este é o premio máis fermoso que podiamos recibir, por dúas razóns, porque leva o nome da nosa querida e insubstituíble Marisa Soto e porque nos chega da man do único colectivo artístico imprescindible para o teatro: as actrices e os actores. Sen elas, sen eles, o teatro non sería posible.

Mil grazas, Actrices e Actores!!!".

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.