• Inicio
  • Programa
  • A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño

A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño

Sábado, 10 Xullo 2021 22:30
Auditorio Municipal de Cangas
  • Compañía: Centro Dramático Galego / Compañía de teatro de Braga
  • Procedencia: Galicia / Minho
  • Dirección: Fran Núñez
  • Autoría: Gabriel Feixóo de Araúxo
  • Destinado a: Público Adulto
  • Presentación: 2021
  • Duración: 80'

A Compañía

No ano en que Portugal é o país convidado do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro. No ano en que Braga é cidade Capital Cultural do Eixo Atlántico, (asociación transfronteiriza que agrega preto de 30 Municipios do Norte de Portugal e Galicia. Nun tempo en que estas dúas compañías (CTB e CDG) levan anos traballando a temática das fronteiras e a identidade, parécenos o momento oportuno de recuperar a colaboración establecida ao longo dos anos nos moitos proxectos que buscaron reforzar a nosa identidade común e realizar este espectáculo.

Proxecto que, na súa concepción, proceso de creación e posterior programación, non se esgota no Festival, pois se proxecta no tempo, (permanecendo no repertorio das dúas estruturas) e no territorio (promovendo unha xira polas cidades do Eixo Atlántico). Un encontro que promove o traballo e a colaboración artística entre creadores dos dous lados do río Miño neste tempo de pandemia. Unha dinámica de creación que trae ao proceso a participación directa da Comunidade Local, a través de dinámicas de inclusión artística nas que ambas as compañías teñen longa experiencia.

No contexto actual pareceunos oportuno recuperar para 2021 o primeiro texto conservado dos chamados “Séculos Escuros” da Literatura Galega que, de certo modo, coinciden en gran medida co Século de Ouro español.

En 2021 conmemórase o 350º aniversario da Contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre da pesca do río Miño. O Obxectivo é traer a escena este texto como punto de partida para falar das fronteiras tomando como exemplo a fronteira que marca o río Minho entre Galicia e Portugal. Unha das máis antigas de Europa e á vez das máis difusas pois tras mil anos para os minhotos de cada un dos lados do río, segue sendo punto de encontro e non de división.

Sinopse

Pasaron 350 anos dende que Gabriel Feixoó de Araúxo escribira  "A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño". 350 anos e o río segue a correr, separando e unindo, Galicia e Portugal, Galicia e maila rexión do Miño. A contenda dos labradores de Caldelas, o Entremés sobre a pesca do río Miño, fala dun tempo e dun lugar concreto pero é universal e percorre a historia: as fronteiras, a loita polos recursos, a loita de clases.

Nesta historia hai disputa polo dereito a pescar, hai peixe que non entende de fronteiras e pace onde máis lle presta, hai que tenta valerse do seu poder para levar o que non lle corresponde, hai quen llo intenta impedir e impídello. Hai disputa. Hai dignidade. Hai quen se avergoña dos seus conterráneos e defende aos da súa clase. Hai mortos. Hai choros. Hai festa. Hai baile. Hai irmandade. Hai fronteiras. Ou non.

Ficha artística

  • Elenco: Yeliz Balim, Rogério Boane, Sílvia Brito, Carlos Feio, Eduarda Filipa, António Jorge, Grasiela Müller, Fran Núñez, Aisa Pérez e Solange Sá.
  • Autor: Gabriel Feixóo de Araúxo
  • Dramaturxia: Javier Alonso de Castilla
  • Dirección: Fran Núñez
  • Apoio dramatúrgico: Rui Madeira
  • Equipo espazo escénico: Salvador Forján, Antonio Mayo, Óscar Ortega, Xaquín Rei, Fernando Rodríguez, René Rodríguez, Suso Rodríguez e Elixio Vieites
  • Iluminación: Juanjo Amado e Tierri Pinto 
  • Asistente de iluminación: Biqui Cabado
  • Son e audiovisuais: Antonio G. Budiño e Guillermo Vázquez 
  • Vestiario: Cristina Cordido e María Negreira 
  • Axudantía de dirección: Silvia Brito
  • Apoio verso: Aisa Pérez
  • Coreografía: Belén Vázquez e Pilar Peña
  • Composición musical: Grasiela Müller (CTB) Carlos Rilo, Carlos Taboada, José Ramón Bugliot e Daniel Romero (CCG)
  • Deseño de produción: Rui Madeira
  • Produción: Paula Fonseca (CTB) e Francisco Veiga (CDG)
  • Asistente de produción: Xandre Vázquez

Destaques

  • Espectáculo en coprodución creado para estrea no Festival de Almagro.
  • 350 aniversario do texto.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.