Al otro lado

Mércores, 07 Xullo 2021 20:30
Praza da Constitución
  • Compañía: Zanguango Teatro
  • Procedencia: Euskadi
  • Dirección: Miguel Muñoz
  • Autoría: Creación colectiva
  • Destinado a: Público Adulto
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Presentación: 2019
  • Duración: 55'

A Compañía

ZANGUANGO TEATRO. Gañadores de dous premios MAX.

Apostamos pola renovación do Teatro de Rúa.

Presentamos espectáculos que transforman a rúa en espazos de convivencia, de encontro, onde a vida cidadá é a protagonista. Espectáculos autenticamente rueiros que teñen en conta o lugar e o momento, que interactúan coa realidade. Facemos espectáculos a escala humana, non para multitudes anónimas, senón para individuos conscientes que comparten un espazo, un momento e unha experiencia lúdica. Individuos que, nese acto, recoñécense como colectividade.

Sinopse

Un pano descóbrenos divertidas historias agochadas na vida cotiá das nosas rúas. AL OTRO LADO proponos un dispositivo sinxelo mais inesgotable que atrapa aos paseantes, retratándoos lúcida  ludicamente, converténdoos en actores e protagonistas involuntarios dunha historia real e imaxinada que se vai construíndo á vez que avanza o espectáculo. Co humor e a ironía propios dun zanguango.

Ficha artística

  • AUTORES: TXUBIO FERNANDEZ- MIGUEL GARCÉS - MIGUEL MUÑOZ
  • INTERPRETES: TXUBIO FERNANDEZ - MIGUEL GARCÉS
  • ESCENOGRAFÍA: CARLOS P. DONADO
  • VESTIARIO: ESTHER VILLAR
  • DIRECCIÓN: MIGUEL MUÑOZ

Destaques

  • PREMIO MAX AO MELLOR ESPECTÁCULO DE RÚA 2020
  • PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN (TXUBIO) NO FEST. INT. DE TEATRO Y ARTES DE CALLE DE VALLADOLID 2019

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.