Amantis

Amantis

Domingo, 26 Xuño 2022 22:30
Auditorio Municipal de Cangas
  • Compañía: Rebordelos. Coproduce MITCFC
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Tamara Canosa
  • Autoría: Tamara Canosa, Xacio Baño
  • Destinado a: Público Adulto
  • Presentación: 2022
  • Duración: 60'

A Compañía

Dende Rebordelos producimos espectáculos que convidan a un gozo estético e sensorial dende narrativas que cheguen e inclúan a todo tipo de persoas no pracer e na experiencia escénica. O noso interese pivota arredor das voces infrarrepresentadas do relato, da recuperación da memoria e da aportación a un patrimonio cultural común. Apostamos por espazos seguros de creación, respectuosos cos tempos desta como método para alumear pezas vitalistas, coidadas e feitas dende os coidados.

Sinopse

Amantis indaga en como as redes sociais, o selfie, e o sexting, inflúen na creación da propia identidade. Conta a historia de M., un adolescente de barrio obreiro que quere ser influencer. Nese camiño topará coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que el mesmo terá que descubrir quen é.

Ficha artística

  • ACTOR: ROQUE RUIZ
  • ESPAZO E LUZ: JOSE MANUEL FARO "COTI"
  • ESPAZO SONORO: JAS PROCESSOR
  • VESTIARIO: MELANIA FREIRE
  • FOTOGRAFÍAS: SABELA EIRIZ
  • TEXTO: TAMARA CANOSA E XACIO BAÑO
  • DISTRIBUCIÓN: KANDENGUE ARTS
  • DIRECCIÓN: TAMARA CANOSA

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.