As Bruxas de Salem

Luns, 05 Xullo 2021 22:30
Auditorio Municipal de Cangas
  • Compañía: ETC. Escola de Teatro de Cangas
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Casilda Alfaro
  • Autoría: Arthur Miller
  • Destinado a: Público adulto
  • Estrea: Estrea absoluta
  • Duración: 80'

A Compañía

A ETC nace en 2008 co obxectivo de facilitar o coñecemento da práctica teatral  e mostrarlle ao público o resultado dese traballo coa posta en escena de obras interpretadas polo alumnado, da man do equipo de Teatro de Ningures.

Sinopse

Salem (Massachusetts). Un grupo de mociñas, reprimidas e  irritadas  pola sufocante atmosfera á que son  sometidas polos seus maiores, bailan espidas no bosque. Son descubertas e, incitados polas súas terribles acusacións, en principio defensivas, todos os habitantes do pobo son presa dunha  estraña histeria colectiva que remata nunha fortísima represión de persoas acusadas de bruxería.

Ficha artística

  • Intérpretes: Amparo Mesas,  Ana Iglesias,  Andrés Gesteiro, Ángeles Menduíña, Carlos Gómez,  Juan Luis Pérez,  María Fernández, María José Lagoa, Manuel Mañá,  Noela Avendaño, Rosa E. Gantes, Sara Malvido, Sara Nieto, Sonia Couto, Sonia Salgado, Vanesa Gonzalez Graña  e Xosé R. Rocha (músico en escena)
  • Tradución: Xosé Manuel Pazos    
  • Escenografía e vestiario:  ETC
  • Coreografía: Maite Campos
  • Música: Xosé R. Rocha     
  • Iluminación: Salvador del Río
  • Cartel e programa: Diego Seixo                 
  • Técnico: Héctor Pazos

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.