• Inicio
  • Programa
  • COMANDO IGUALDADE. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas

COMANDO IGUALDADE. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas

Sábado, 25 Xuño 2022 19:00
Sala de exposicións Auditorio Municipal
  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: Chis Oliveira Malvar, Priscila Retamozo Ramos
  • Tipo: Presentación libro

En Vigo, leva anos xestándose un comando revolucionario que busca a igualdade de xénero e que marca para sempre a vida dunha mocidade que quere un cambio. As autoras contan a historia do comando, o porqué da súa formación e os valores que promove. Un manual introdutorio para xente moza, e non tan moza, interesada en mudar a realidade patriarcal. A revolución comeza nas aulas!

Este libro, COMANDO IGUALDADE. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas, é un elaborado exercicio de inclusión. É tamén un acto de amor cara á xustiza. Porque a igualdade é  un dereito. Chis e Priscila converteron esta loita nun xeito de vida. Da súa xenerosidade nace este libro. Gustaríame que correse de man en man e que o profesorado de numerosos centros de Galicia tome a iniciativa de sumarse a esta revolución. É posible poñer en marcha o Comando Igualdade, este volume cheo de experiencias reais é a mostra disto. Que reto tan fermoso o de implicar a mocidade no feminismo, no respecto pola diveresidade. Ensinarlles a desmontar os mitos, abrirlles as portas a un espazo seguro para que poidan debater con liberdade. Darlles voz. Hai que ter a valentía, a forza e as ganas mais cando unha loita polos dereitos foi sinxela? (...) O Comando Igualdade, coma a loita das sufraxistas, tamén implica pasar das palabras aos feitos, unirnos a ese movemento desde as aulas. Atrevernos a formar parte de algo tan grande. Grazas Chis e Priscila por abrazar con tanta forza o concepto de sororidade. Porque a revolución será feminista ou non será. 

Ledicia Costas

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.