Desenvolvemento dun protocolo contra o acoso sexual e o acoso por razón de sexo nas artes escénicas

Xoves, 30 Xuño 2022 17:30
Salón de plenos Concello de Cangas | Escena Galega
  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: Patricia de Lorenzo, actriz. Presenta Casilda Alfaro
  • Tipo: Mesa de traballo
  • Destinado a: Compañías e asociacións profesionais

POR QUE?

Cómpre ter unha posición clara e continuada na transformación cara a igualdade nas artes escénicas, é por iso que Escena Galega promove no 2022, ano do seu XX aniversario, o desenvolvemento deste protocolo, pioneiro no conxunto do Estado e financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade, como ferramenta para traballar pola erradicación de este tipo violencias no noso sector.

QUE É ESTA FERRAMENTA?

  • Permite previr, identificar e sancionar condutas constitutivas de acoso sexual ou por razón de sexo nas artes escénicas.
  • Facilita a denuncia de condutas constitutivas de acoso sexual ou por razón de sexo nas artes escénicas.
  • De aplicación para todas as compañías que formen parte de Escena Galega.
  • Obrigatorio para a implantación de Plans de Igualdade no futuro.

PARA QUE SERVIRÁ?

  • Sensibilizar ás compañías en materia de Igualdade.
  • Previr conductas constitutivas de acoso sexual ou por razón de sexo
  • Xestionar queixas/denuncias de acoso sexual ou por razón de sexo
  • Avaliar cuantitativa e cualitativamente os resultados
  • Avanzar na consecución dunhas artes escénicas libres de violencias machistas.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.