El diablo en la playa

El diablo en la playa

Xoves, 30 Xuño 2022 22:30
Auditorio Municipal de Cangas
  • Compañía: Matarile
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Ana Vallés
  • Autoría: Ana Vallés, Celeste González, Claudia Faci
  • Destinado a: Público Adulto
  • Presentación: 2020
  • Duración: 75'

A Compañía

Os seus directores artísticos, Ana Vallés e Baltasar Patiño, fundan a compañía no ano 1986 en Compostela, onde tamén son promotores de espazos de exhibición para a creación contemporánea. En 1993 e ata 2008 crean e xestionan o Teatro Galán, espazo destinado á programación e difusión do teatro e a danza contemporáneos en Galicia. Entre 1993 e 2005 o Teatro Galán foi destinado á programación e creación, con máis 1.300 actuacións realizadas. E de 2005 a 2008 destínase unicamente á creación e residencias artísticas. De 1995 a 2007 impulsan o Festival Internacional de Danza en espazos urbanos En Pé de Pedra. En 2017 crean un espazo in-permanente de exhibición, a sala Montiel, independente de orzamentos e normativas oficiais. Puxeron en escena máis de 30 espectáculos, incontables performances, e propostas en formanto concerto, cos que alcanzou máis de vinte premios e mencións en distintos puntos de España e Europa. Os espectáculos de Matarile e Ana Vallés presentáronse en cidades doutros países como: Boston, Belgrado, París, Novisad, Porto, Leipzig, Boloña, Dresden, Edimburgo, Almada, Bayonne, Bucarest, Rennes, Dinan, Douardenez, Lanester, Brasília, Tavira, Varsovia, Viana do Castelo, Cluj- Napoca, Timisoara.

Sinopse

No principio foi o caos. Despois, con Celeste e Claudia, C e C, chegaron as tentacións. O ( re)coñecemento de Celeste e a fantasía de Claudia. Di Roy Andersson que o plano xeral, o espazo que rodea a unha persoa, di máis dela que o seu propio rostro. Como consideraremos aquí o corpo, como primeiro plano que acompaña ao rostro e conforma o prexuízo dun estereotipo? Ou como parte do plano xeral que define unha forma de estar e habitar? O diaño paseándose en bicicleta polas rúas baleiras, como anxo custodio sen corpo que acompañar. O errante que se equivoca e o errante que vaga sen sentido. Reunir a Claudia e a Celeste é como convocar ao anxo e ao demo, sen tentar definir quen é que, quen é quen, ou en que momento son intercambiables.

Ficha artística

  • Dirección: Ana Vallés
  • Intérpretación: Celeste e Claudia Faci
  • Textos: Ana Vallés
  • Outros Textos: Celeste e Claudia Faci
  • Coreografía: Celeste Claudia Faci
  • Iluminación: Baltasar Patiño, Miguel Muñoz
  • Espazo escénico e Montaxe musical: Baltasar Patiño
  • Vídeo proxección: Matarile
  • Vestiario: Matarile, Naftalina, Nuria González
  • Documentación proceso: Matarile
  • Fotografía: Rubén Vilanova, Edición Rusa
  • Edición e publicación dos textos: Ediciones Invasoras
  • Vídeo difusión: Edición Rusa
  • Promoción e difusión nos medios: Juancho Gianzo
  • Xestión redes: Baltasar Patiño, Juancho Gianzo
  • Deseño web e gráfico: Baltasar Patiño
  • Citas e referencias: Gilles Deleuze, Rebecca Solnit, Franco Berardi Bifo, Edward Hopper, Pina Bausch, Balthus, Gregory Crewdson, Heiner Müller, Daniel Johnston, Eduardo del Pueyo, Roy Andersson.
  • Acompañamento: Elisa Gálvez e Juan Úbeda, Lara Contreras, Enrique Gavilán, Jacobo Bugarín, Fany Bello.
  • Soporte técnico e loxística: RTA, MATARILE
  • Asitencia técnica en xira: Miguel Muñoz, RTA
  • Xestoría: Asesoría Cruceiro
  • Produción: Juancho Gianzo

Destaques

5 candidaturas nos Premios Max 2022: Mellor espectáculo, autoría, dirección, iluminación e espazo escénico.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.