El gran Braulio

Sábado, 03 Xullo 2021 20:30 | Domingo, 04 Xullo 2021 20:30
3 xullo, Adro do Hío | 4 xullo, Xardíns do Señal
  • Compañía: Adrián Conde Espectáculos
  • Procedencia: Asturias/Arxentina
  • Dirección: Adrián Conde, Marcelo Katz
  • Autoría: Adrián Conde
  • Destinado a: Público familiar
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Presentación: 2015
  • Duración: 50'

A Compañía

A compañía nace en 2006 en Asturias. Gracias á formación artística de Adrián no circo, clown, mimo e, obviamente, a maxia, logra fusionar dun xeito moi particular todas estas disciplinas, conseguindo espectáculos para toda a familia, orixinais e moi diferentes ao habitual, onde se mestura a habilidade do prestidixitador coa mirada tenra do clown e os seus múltiples chiscos ao humor.

Participou en recoñecidos festivais e feiras de España e do estranxeiro. Os seus espectáculos foron representados en máis de 25 países ademais de ser galardoados en varias ocasións tanto a nivel nacional como internacional.

Sinopse

Braulio é o mellor mago do mundo ou polo menos iso é o que el cre, pero… quen somos nós para facerlle saber a verdade?

Así é moito máis divertido, e se soubese do ridículo que está a facer, non se comportaría tal cal é.

Un mago torpe e tan distraído que non é consciente de que os seus trucos ocórrenlle de pura casualidade.

Agora este excéntrico personaxe chega ao noso pobo para amosar o seu “xenial” espectáculo, pero… terá tanta sorte esta vez? ¡Ven a descubrilo!

Ficha artística

  • Dirección: Adrián Conde y Marcelo Katz
  • Autor: Adrián Conde
  • Actor: Adrián Conde
  • Escenografía: Carmen Rodriguez
  • Vestiario: Carmen Rodriguez

Destaques

  • Campeonato de maxia FISM Latinoamérica (Arxentina, 2017)
  • Campeonato Nacional de Maxia (España, 2016)
  • Campeonato do mundo de maxia Master of Magic (Italia, 2014)
  • Campeonato mundial de maxia de rúa (Alemaña, 2010)
  • Festival Internacional de Clown (España, 2010)

 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.