El viento es salvaje

Domingo, 04 Xullo 2021 22:30
Auditorio Municipal de Cangas
  • Compañía: Las niñas de Cádiz
  • Procedencia: Andalucía
  • Dirección: Ana López Segovia
  • Autoría: Ana López Segovia
  • Destinado a: Público Adulto
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Presentación: 2019
  • Duración: 80'

A Compañía

LAS NIÑAS DE CÁDIZ é unha compañía de teatro que traballa desde as raíces, fusionando elementos da cultura popular e o folclore con outros da denominada tradición culta. E sempre desde o humor. Para nosoutras, o humor é un xeito de mirar a vida, de entendela, de sentila… Por máis que os temas abordados nas nosas funcións sexan universais, tráxicos ou profundos, non podemos deixar nunca o riso, é o noso xeito de arredondar as arestas da vida. É a herdanza recibida de Cádiz, esa “Tartaruga fenicia” de Lorca, unha terra milenaria cuxa idiosincrasia non deixa nunca de inspirarnos: “Fala ao mundo desde a túa aldea”, dicía Tolstoi…

O noso propio nome, “Las Niñas de Cádiz”, é unha declaración de principios: unha referencia explícita ás Puellae Gaditanae, bailarinas e cantantes celebradísimas do Imperio Romano. Mulleres artistas, populares, irreverentes, provocadoras e libres.

LAS NIÑAS DE CÁDIZ. Con este nome, homenaxe explícito a las Puellae Gaditanae, queremos volver a traballar desde as raíces, pero recobrando o pulso que latía nas nosas orixes con La Chirigota de las Niñas. Un pulso popular sen complexos, desvergoñado, irreverente e provocador.

Sinopse

Dúas amigas: Vero e Mariola. Dúas amigas tan amigas que son irmás. Unidas desde a infancia por un amor e unha fidelidade inquebrantable. Compartindo todo: xoguetes, roupa, cigarros, pinturas… Só unha sombra sobre a súa amizade:

“Mentres que unha crecía confiada
Mimada pola vida e sorrinte
A outra sentíase desgraciada…”

O noso novo espectáculo é unha reflexión, lúdica e “jonda” á vez, sobre a sorte. Sobre os celos e a culpa, as paixóns e os amores prohibidos. Moitos dos grandes temas da traxedia están presentes na nosa obra: o enfrontamento do ser humano coa divindade, nun pulso que só pode conducir á destrución dos seres máis queridos por haber ousado cuestionar aos deuses; o destino inevitable das heroínas, arrastradas por paixóns que sempre vencen a calquera razoamento; o mensaxeiro que trae consigo só novas aciagas; a voz do pobo, que observa  expectante, e que comenta en voz alta a desastre das dúas Amigas, a destrución de dúas vidas que parecían só unha.

Todo en verso, recitado ou cantado, marcando o ritmo impasible da traxedia. Estrofas denominadas “cultas” pola tradición literaria como o soneto, a lira, os tercetos, os pareados, a décima… E outras máis populares como o romance, a quintilla, ou as cuartetas típicas do romanceiro do entroido gaditano… En nosoutras hai sempre un empeño en fusionar o culto co popular, é un terreo que nos apaixona e que nos enriquece, e ao que non queremos renunciar.

Ao igual que non queremos renunciar ao humor, un humor tráxico se se quere, pero humor, sempre presente no noso mundo, como unha forma de mirar a vida desde un lugar que nos axuda a levala. O humor como herdanza da terra da que vimos, e á que sempre regresamos, inevitablemente: Cádiz. O  alento será tráxico, como non, pero a función estará atravesada pola gargallada. Porque sabemos que en toda historia terrible hai un paradoxo, unha contradición que pode levar á comedia; e ao contrario, en todo arranque de humor existe un fondo de traxedia.

Ficha artística

  • ANA LÓPEZ SEGOVIA. Licenciada en Filoloxía Hispánica. É actriz, cantante, autora e directora de teatro. Formada desde moza en canto e flamenco, estudou interpretación no Estudio Internacional de Actores Juan Carlos Corazza. En teatro, traballou entre outros coa Compañía La Zaranda (Homenaje a los malditos, Ni sombra de lo que fuimos), coa que realizou varias xiras por América, tamén con Teatro del Zurdo (La Ruleta Rusa), e con Ramón Pareja-Teatro del Arte Andalucía (La Dama de las Camelias). Membro fundador da compañía Chirigóticas, ´é autora xunto a Antonio Álamo de todos os espectáculos da compañía. Tamén realizou a dramaturxia e a dirección de moitos espectáculos flamencos. O último, "Qué pasaría si pasara", da compañía Torrotrón Teatro, recibiu o Premio del Público de Canal Sur ao Mellor Espectáculo de Artes Escénicas. En cine, interveu en películas como Camarón, Cándida, Que se mueran los feos, La Voz Dormida e, máis recentemente, Thi Mai. Tamén forma parte do equipo actoral da multipremiada curtametraxe Foreigner, de Carlos Violade. En televisión traballou recentemente en La Fortuna de Alejandro Amenábar, en Brigada Costa del Sol, El Secreto de Puente Viejo Servir y Proteger, Aída… En 1997 formou en Cádiz a chirigota chamada de Las Niñas, sendo unha das pioneiras na intervención da muller, como intérprete e autora, no "Carnaval de Cádiz".
  • ALEJANDRA LÓPEZ, é Licenciada en Humanidades pola Universidade de Cádiz. Actriz e cantante, estudou interpretación no Estudio Internacional de Actores Juan Carlos Corazza e no Centro de Estudios Escénicos de Andalucía. Foi compoñente e membro fundador da compañía de teatro Chirigóticas, realizando montaxes coproducidos co Centro Dramático Nacional ou nos Teatros del Canal. Actualmente forma parte do reparto da serie de TVE "Estoy Vivo", co coñecido personaxe de Inma, a muller de Pollo. Tamén participou noutras series de televisión como Allí abajo ou na serie andaluza Arrayán. Na dirección traballou en espectáculos como Cirquelectric do grupo Glazz e Casa Ruibal, do cantautor portuense Javier Ruibal.
  • TERESA QUINTERO, actriz coñecida polo seu personaxe de Ángela no éxito televisivo Allí abajo, é actriz, cantante e licenciada en Filoloxía Inglesa. Formada con profesionais como Miguel Narros, Fernando Piernas, Consuelo Trujillo, Manuel Morón, José Carlos Plaza, Carlos Hipólito e Fernando Sansegundo entre outros. É actriz fundadora de Chirigóticas, formando parte de todas as montaxes da compañía. Tamén traballou con Miguel Narros en Yerma, ou con Francisco Ortuño en La noche de Max Estrella. En televisión, formou parte do reparto en Allí abajo, Cuéntame, Aída, Brigada de Fenómenos, ¿Hay alguien ahí?, De repente los Gómez, Sin Identidad, etc… En cine interveu en Antes de la quema, de Fernando Colomo, Nacida para ganar de Vicente Villanueva, Las Bellas de Cádiz, de Sarah Benillouche, e tamén nas curtas Pez, de Joaquín Quintas, El amor me queda grande, de Javier Giner, Luis y Luisa, de Alejandro Cano, etc… Foi nomeada en varias ocasións aos Premios de Teatro Andaluz na categoría de Mellor Actriz.
  • ROCÍO SEGOVIA, é actriz, cantante e letrista, formada na Escuela de Arte Dramático de Sevilla. En teatro, é autora e intérprete de “Mujeres en la Historia”. Tamén traballa como guionista e actriz habitual en Noche de Repálagos. Interveu nos videoclips musicais Ratito, de Ojú Zapatones, Una simple melodía, de Juan Carlos Arauzo, e en ¿Quién me ha hecho esto a mí?, de Chirigóticas dirixido por Antonio Álamo. En curtas protagonizou Fucking Liars. Tamén participou nas webseries Bridget Jon de Triana e Air. En televisión intervíu en series como Allí Abajo.

Destaques

  • REMIO MAX 2020 DAS ARTES ESCÉNICAS COMO MELLOR ESPECTÁCULO REVELACIÓN.
  • PREMIO DO PÚBLICO DO CERNAME NACIONAL DE TEATRO GARNACHA DE RIOXA.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.