Espécies Lázaro

Xoves, 08 Xullo 2021 22:30
Auditorio Municipal de Cangas
  • Compañía: Teatro Art'Imagem
  • Procedencia: Portugal
  • Dirección: Vanesa Sotelo
  • Autoría: Vanesa Sotelo
  • Destinado a: Público adulto
  • Estrea: Estrea en España
  • Presentación: 2021
  • Duración: 70'

A Compañía

Compañía financiada polo Ministério da Cultura/DG Artes, fundada en 1981, integra actualmente tres xeracións de profesionais. A súa sé é en Porto, mais ten asinado un convenio coa Câmara Municipal da Maia, para responsabilizarse da programación do Auditório da Quinta da Caverneira, en Águas Santas.

Sinopse

Volver á vida ou non. Espécies Lázaro é unha comedia áspera e aceda na que catro personaxes masculinos de diferentes orixes e condicións coinciden nun mesmo lugar sen ter, aparentemente nada en común, alén de tomar forzas para regresar á súa antiga vida e cambiar radicalmente o curso da mesma. Durante a súa inesperada convivencia nun espazo arrasado polo lume, coa observación dunha especie de Lázaro como único obxectivo, os catro personaxes descubrirán un sentido común que fará remover todas as súas verdades.

Nesta ocasión, a autora Vanesa Sotelo, responsable tamén da dirección, retoma a súa reflexión sobre a ruptura de fronteiras a través das raíces da lingua portuguesa e galega.

Ficha artística

  • Dramaturxia e dirección Vanesa Sotelo.
  • Axudante de dirección Daniela Pêgo.
  • Interpretación Flávio Hamilton, Pedro Carvalho, Davide González.
  • Sonoplastia Davide González.
  • Escenografía Vanesa Sotelo e José Lopes.
  • Figurinos Sofia Silva
  • Deseño de Luz André Rabaça.
  • Fotografia Nuno Ribeiro.
  • Deseño Gráfico Tiago Dias
  • Produción Sofia Leal e Zé Pedro

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.