Eurovisión (O Fake Show)

Eurovisión (O Fake Show)

Venres, 24 Xuño 2022 22:30
Auditorio Municipal de Cangas
  • Compañía: Bucanero e Manarte
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Rebeca Montero
  • Autoría: Lino Braxe
  • Destinado a: Público familiar
  • Presentación: 2021
  • Duración: 75'

A Compañía

A Cía Bucanero é creada polos actores Xosé Bonome e Pedro Picos no ano 2001 e estréase coa montaxe "Jánsel e Ponsel", de José Luís Prieto. Producen 12 espectáculos ó longo destes anos e xiran por múltiples teatros, espazos escénicos e festiváis tanto dentro como fóra de Galicia. Cabe destacar os espectáculos: "Por un Millón de Dólares" ou "Os Amos do Mundo", ambos dirixidos por Lino Braxe. No seu percorrido teatral tamén foron dirixidos por Santi Prego, Xavier Deive e na actualidade por Rebeca Montero. Manarte Producciones fúndase no ano 2015 pola actriz Sabela Hermida en colaboración coa Cía Teatro Proscrito, de Lino Braxe, inaugurándose cun texto escrito e dirixido polo autor, "Manar. A Derradeira Caravana". A partir deste momento levan a cabo varias montaxes teatráis e tamén realizan lecturas dramatizadas coa Fundación Luís Seoane. Coproduce coa Cía Bucanero os seus tres últimos espectáculos e é entidade organizadora habitual de actividades culturáis, artísticas e de formación destinadas a público escolar. Dende 2016 colabora co Festival Audiovisual Escolar Olloboi, co que coproduce o documental "Cadernas de Olloboi", dentro das actividades dos Fondos Xacobeo 2021.

Sinopse

O concurso musical televisivo por antonomasia retransmitindo cancións, presentacións, votacións... As tripas da televisión, os tópicos patrios mais absurdos, músicas delirantes nun xogo escénico sen fin. Países europeos mestúranse con China e EEUU, que non son europeos pero que participan. Como tamén participa Galicia (que non é país pero si europea) como anfitriona. Podería a TVG retransmitir unha gala de Eurovisión? Participaría Galicia cunha canción? Converteríase polo tanto en país? Estamos preparados para o grande show? Onde reside a alma da patria? Algunhas preguntas e risa asegurada. Dous actores e unha actriz que cantan, bailan, presentan, actúan... Eurovisión: o show.

Ficha artística

  • ELENCO: SABELA HERMIDA, PEDRO PICOS E XOSÉ BONOME.
  • TEXTO: LINO BRAXE.
  • DIRECCIÓN: REBECA MONTERO
  • COREOGRAFÍA: SABELA HERMIDA
  • MÚSICA ORIXINAL: JOSÉ BONOME
  • LETRISTAS: REBECA MONTERO, SABELA HERMIDA, PEDRO PICOS, XOSÉ BONOME.
  • VESTIARIO: BUCANERO E MANARTE.
  • DESEÑO ILUMINACIÓN: IS TORRADO.
  • DESEÑO GRÁFICO: HÉCTOR BONOME.
  • VOZ EN OFF: JAVI LÓPEZ

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.