III encontro teatro e educación

Martes, 06 Xullo 2021 16:30
Salón de Plenos do Concello de Cangas

Desde a MITCFC queremos asumir o compromiso de afondar e insistir nas reflexións e intercambio de experiencias sobre Teatro e Educación. 

Sabemos que o teatro, a educación teatral, é fundamental para o desenvolvemento integral das persoas , mesmo como motor de transformación persoal e colectivo. @s convidad@s de anos anteriores desde a súa experiencia como profesionais, mostraron como da práctica do teatro, nas súas diversas formas, se poden conseguir múltiples beneficios educativos e insistiron na necesidade de que a educación teatral ocupe un lugar central no currículo do ensino non universitario. Este ano queremos poñer o foco na Educación secundaria .

O TEATRO COMO FERRAMENTA PEDAGÓXICA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA
  • Asunción Sóñora, Directora do IES Jhoan Carballeira de Bueu. Responsable do grupo de teatro Comediantes Anónimos.
  • Rosa María Domínguez, Responsable do grupo de teatro Comediantes Anónimos do IES Johan Carballeira de Bueu.
  • Carla Magalhães, actriz, directora artística do grupo de teatro Krisálida, mestra en educación artística e docente do ensino superior.
  • Pablo Fernández, Mestre de inglés e secretario no CIP PI. Arquitecto Palacios de Panxón. Director do grupo de teatro Porta Aberta de Vigo e fundador do grupo Teatro do Ar, de Nigrán.
Modera
  • Xoán Carlos Riobó. Dramaturgo e Director de escena.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.