Isolada

Sábado, 03 Xullo 2021 20:30
Xardíns do Señal
  • Compañía: Cía Pajarito, coproduce MITCFC
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Natalia Outeiro
  • Autoría: Natalia Outeiro
  • Destinado a: Público familiar
  • Estrea: Estrea absoluta
  • Duración: 50'

A Compañía

Pajarito é unha paiasa de longo percorrido tanto en solitario, como en compañías como Pistacatro ou Chévere. Co seu espectáculo "A vida tola" gaña o premio a mellor espectáculo de rúa no FETEGA 2018.

Na súa traxectoria crea a través da comedia e o clown, coa risa como motor principal, buscando chegar ó público nunha conexión directa coa mirada, construindo universos propios e únicos.

Sinopse

Isolada é a chegada dunha paiasa a unha illa, onde sobrevivir é naufragar, e o fracaso unha forma de existir. Unha historia contada a través de ela, do seu xeito de ver o mundo, dende a verdade e o xogo, dende a pureza do ser. Todo cambia a cada instante, porque con todo se pode xogar no presente.

Unha aventura chea de ilusión, xogo, imaxes; onde se fala da soidade, da ensoñación, das contradiccións eternas do ser humano e da locura. Unha illa onde a risa e a poesía son o fío entrelazador de historias, e onde se volta á esencia do clown.

Ficha artística

  • Reparto: Natalia Outeiro
  • Dirección: Natalia Outeiro
  • Mirada extrena: Alfonso Medina, Arturo Cobas
  • Vestiario: Carlos Alonso
  • Escenografía: Natalia Outeiro, Alfonso Medina
  • Fotografía: SEIMEIRA

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.